15 novembro 2019

VENRES LECTOR: "El detective ausente" de David Blanco Laserna.

Hoxe Lara García Cachafeiro, de 2º de ESO, léunos, desde o atril da biblio, un fragmento da obra que están a estudar na clase de Física e Química (O detective ausente, de David Blanco Laserna). Como podedes observar no cartel, esta obra ensina, desde a ficción, un montón de aspectos interesantes da ciencia!! 

Invitámosvos a coller esta obra en préstamo cando queirades!!

A profesora Raquel, de Física e Química, promoveu esta actividade dentro do "MES DA CIENCIA" que estamos a celebrar. 


Ao final, leron máis alumnos do que se esperaba! Mellor!