Hoxe estamos contentísimos!!!
Entregamos os premios do noso 1º concurso da biblioteca, esta vez de medo, esta vez con ocasión do Samaín...
A verdade é que tanto PABLO FERNÁNDEZ NOYA (1º ESO) coma LORENA SOBREIRA GARCÍA (2º ESO) puxéronse contentísimos cando souberon a noticia de que hoxe ían ser premiados por ter escrito sendos contos de medo!! E non só eles se alegraron, tamén os seus compañeiros e compañeiras os aplaudiron orgullosos...