TEMA EIXO DESTE CURSO 2019-20: A NATUREZA

NOVO CARTEL NA BIBLIO: "Respecto é igualdade. Igualdade é respecto"

Alumnado de 1º da ESO, coordinados pola profesora Blanca, de Debuxo, elaborou este magnífico mural para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER. Deixarémolo moito máis tempo na biblio, porque a mensaxe encaixa moi ben co lema xeral das bibliotecas escolares deste ano, ademáis de servir para moitos outros contextos de respecto, de igualdade, de coeducación...





RAMÓN MARÍA ALLER E MAR CAPEÁNS NO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Ilustración de Carlos Arrojo

O profesor Joaquín, de Física e Química, organiza dúas exposicións orais, no proxector da biblioteca, sobre dúas figuras importantístimas na ciencia:

  • RAMÓN MARÍA ALLER, astrónomo e matemático galego, de Lalín (1878-1966).



  • MAR CAPEÁNS, física e investigadora do CERN (European Laboratory for Particle Phisics). Nacida en Santiago de Compostela, no 1967. 


ENTREGA DE PREMIOS DE MICRORRELATOS


¿Lembrades o concurso de microrrelatos que propuxemos desde a biblio para conmemorar o 25 N? 
A verdade é que  participou moitísima xente! Fixádevos nos comentarios á entrada! 

Algúns dos mellares foron os seguintes:














"Marta se despertó pronto y subió la persiana. Estaba el día despejado, aunque era diciembre. Era una buena señal para su primer día de trabajo en esa ciudad en la que llevaba apenas una semana. Nunca más gritos, ni miedo, ni amenazas. Todo aquello se había acabado". Lorenzo Fernández Millán. 






PERO... OS GAÑADORES/AS deste II Concurso de Microrrelatos sobre a violencia de xénero, organizado pola biblioteca, para este curso 2019/20 son:


-CATEGORÍA A:
Lorenzo Fernández Millán (1º ESO, B)




-CATEGORÍA B: 
Luis Blanco Domatos (4º ESO, B)




-CATEGORÍA C:
Aarón Martínez Rodríguez (2º BACH., E)




BIBLIOSUXESTIÓN DE CINE Nº 1

Gracias á profesora Sonia Soto, temos unha selección moi boa para este día do 25 N:



DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER 4 (ACTIVIDADES DOS DEPARTAMENTOS)

ACTIVIDADES PARA O 25 N EN DIVERSOS DEPARTAMENTOS


  • A profesora Sonia, do Departamento de Filosofía, preparou para a celebración deste día diversas actividades, que pasa a explicar a continuación: 

Na materia de Valores éticos de 4º ESO e Filosofía, no grupo de 1º Bacharelato E, centrarémonos na análise da violencia de xénero exercida sobre e a través dos fillos menores da muller, testemuñas da violencia de xénero que padece a súa nai, vítimas da violencia física ou psicolóxica dirixida a eles para ferir á muller ou directamente nenos e nenas que quedan orfos ou son asasinados. Son recoñecidos legalmente como vítimas tamén da violencia de xénero dende 2015 aínda que só desde 2018 se inclúen medidas especiais para eses menores vítimas como pensións de orfandade, apoio psicolóxico e pedagóxico ou quedar excluídos do réxime de custodia compartida.

Analizaremos algúns exemplos concretos (os nenos orfos no triple asasinato de Valga en setembro deste ano, o caso José Bretón, asasino dos seus fillos Ruth e José ou o caso do asesinato das nenas Nerea e Martina en Castellón, cuxa nai denunciou recentemente ao Estado por desprotección).

Rematamos co visionado da película francesa Custodia compartida (2017) e actividades de reflexión sobre a mesma.

..................

Na materia de Valores éticos de 3º ESO a raíz das polémicas sentencias da Manada e da manada de Manresa, sobre abuso ou agresión sexual, analizaremos a lexislación de distintos países europeos sobre violencia sexual.

Remataremos co visionado e actividades sobre o tema "Novias en venta" da cantante de rap afgana Sonita Alizadeh.




  • A profesora Rosa, de Matemáticas, preparou a seguinte actividade, que pasa a explicar a continuación:

Cos alumnos e alumnas da miña titoría, 1º ESO B, buscamos o porqué da celebración da data do 25 N e o número de mulleres mortas por violencia de xénero desde o 2006. Logo, con estes datos, e en colaboración co 1º ESO Agrupamento, fixemos un diagrama de barras. David, o conserxe, axudounos a colocar todos os elementos para o corredor do centro. O mesmo día 25 farase un mural con falsos mitos sobre a violencia de xénero. 
















  • A profesora Carlota, de Francés, preparou a seguinte actividade, que pasa a explicar a continuación: 
Esta actividade fixemola en Valores Éticos (1º ESO). Tres sesións. 

1ª) Visionamos a publicidade francesa, con elementos sexistas, "Les Pockets de Dim 2016" (https://youtu.be/HexTZbSIEII) para logo debatir por parellas e en grupo.

2ª) Unha parella francesa parodiou esta publicidade,"Vous êtes Inadmissibles! (Parodie Pub DIM / F. Beigbeder)" e o analizamos.

3ª, 4ª e 5ª) Adicáronse a buscar na rede unha publicidade sexista. Por parellas, tiveron que analizala e explicala. Finalmente, tiveron que inventar unha parodia a esa publicidade e plasmala nunha cartulina, que se exporá o 25N no Parnasillo.














  • A profesora Carmina, de Inglés, organizou xunto co seu alumnado de 2º de Bacharelato, unha exposición oral no proxector da biblioteca titulada "Exhibition violence against woman and media" , sobre o tratamento nos medios extranxeiros dos casos de violencia de xénero. 









  • A profesora Moncha, de Galego analiza tamén as noticias sobre violencia de xénro na prensa española (1º e 2º de Bacharelato). 

  • Desde o Consello de Igualdade do IES A Xunqueira I púxose unha "Pinga doce" ao día: