Amosando publicacións coa etiqueta Día da biblioteca (24 de outubro). Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da biblioteca (24 de outubro). Amosar todas as publicacións

24 outubro 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 DE OUTUBRO): "A censura, a desinformación e os bibliocaustos"

(ACTIVIDADE RELACIONADA COA DIFUSIÓN DA CULTURA E CO PENSAMENTO CRÍTICO)

O alumnado de 4º A e 4º B de ESO, xunto co equipo de biblioteca, organizou esta exposición o DÍA DAS BIBLIOTECAS: A CENSURA, A DESINFORMACIÓN E OS BIBLIOCAUSTOS para poñer de manifesto que non estamos tan alonxados da manipulación do ensino, da manipulación da cultura, da censura e da desinformación, e deben ser as bibliotecas as posuidoras da chave para impedir na medida do posible estes males que abundan na sociedade de hoxe en día. 

A exposición gozou de grande éxito entre profesorado e alumnado, polo seu interese xeral.
























14 outubro 2024

DÍA DAS ESCRITORAS E DÍA DA BIBLIOTECA!!

O 14 de outubro de 2024 é o DÍA DAS ESCRITORAS. 

Na páxina da Biblioteca Nacional explícannos o tema deste ano, LA PERIFERIA DE LA PERIFERIA, e a comisaria deste ano, Ana Iris Simón, selecciona unha serie de escritoras e unha serie de textos que serán leídos ese día. Os textos tédelos aquí: https://diadelasescritoras.bne.es/edicion-2024/

Na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia tamén se fai unha selección de literatura galega. Os textos tédelos aquí: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1796

Nós, para celebrarmos este día levamos a cabo tres importantes actividades, que recollemos no seguinte cartel, que colocamos no corredor e enviamos a todo o profesorado:


1) Unha BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA:












2) O PASEO DA FAMA:



























3) RECITAL DE MÚSICA E POESÍA:
Finalmente, celebrouse o xoves 24, DÍA DA BIBLIOTECA!!