Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2025-26: "MIRADAS REVELADORAS: O AUDIOVISUAL NA BIBLIOTECA"
Con motivo da celebración o pasado luns 16 de outubro do DÍA DAS ESCRITORAS, alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato organizou un RECITAL DE MÚSICA E POESÍA do que tedes mostra nos vídeos que de seguido vos amosamos.
O alumnado de 4º de ESO deleitounos con fermosísimos poemas de autoras da literatura galega, castelá, inglesa e polaca. A súa dicción, o recitado, e sobre todo a disposición destes rapaces e rapazas para querer facelo o mellor posible é digno de admirar.
A parte musical estivo a cargo de dous alumnos de 1º de Bacharelato, que nos deixaron a todos abraiados coas súas interpretacións musicais. O acordeón de Abel quedaba perfecto para introducir a poesía e crear ambientación; a guitarra e a voz de Miguel foron os que pecharon este momento máxico na biblioteca.
¡Moitas grazas a todos por estes pequenos momentos de emoción!
Abel Oliveira en el acordeón.
Abel Oliveira
Le Sara Graña.
Introducción.
Poema de Ledicia Costas,
"En Ultraluz habitan mulleres voadoras"
Le Sara Graña.
Poema de Ledicia Costas,
"Adoro os campos cando ninguén corta a herba"
Le Belem Fraguas.
Poema de Emily Dickinson,
"Como los niños dan al invitado las buenas noches"
Le Sabela Porto.
Poema de Tamara Andrés,
"Amar non é pronunciar"
Le Sara Louro.
Poema de Tamara Andrés,
"Ela pousou a súa ollada sobre min"
Le Hugo Vicente.
Poema de Paula Carballeira,
"Dor"
Le Uxía Santiago.
Poema de Wislawa Szymborska,
"Regresos"
Le Marcos Hermida.
Poema de Berta Dávila,
"E non podías irte"
Le Sara Prieto.
Poema de María Reimóndez,
"A mocidade está"
Le Shaila Cirisola.
Poema de Yolanda Castaño,
"Ollos pechados de máis"
Le Elba Morales.
Epílogo.
Miguel Pérez, guitarra e voz.
Miguel Pérez
Outras ligazóns de interese relacionadas con este día son as seguintes:
Un ano máis celebramos desde a biblioteca o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS, esta vez poñendo énfase no LABOR DA XUVENTUDE na búsqueda do mantemento dos dereitos adquiridos e por adquirir en todo o mundo.
Naciones Unidas proporciónanos un enlace á súa páxina web onde podedes consultar todo o que necesitedes sobre este día, as razóns da súa celebración e o particular enfoque deste ano:
Neste vídeo amósasenos que entendemos sobre os DEREITOS HUMANOS. Moi interesante!
Como sempre, na biblioteca temos preparadas novas obras relacionadas co tema dos dereitos humanos, unha nova BIBLIOSUXESTIÓNLECTORA moi interesante con clásicos da literatura e con libros recén publicados para todos os cursos. Non deixedes de pasar pola biblio e coller algunha para levar en préstamo.
E dentro da MÚSICA que a directora do noso centro nos ofrece tódalas mañas ao entrar no instituto, están as seguintes cancións que teñen que ver cos DEREITOS HUMANOS:
Vídeo de Arturazo sobre os dereitos humanos:
Artistas unidos: "Cambiar el mundo"
Diego Torres: "Abriendo caminos":
Mercedes Sosa: "Cambia, todo cambia":
Concerto de Amnistía Internacional, 1988: "Get up, stand up", tema compuesto por Bob Marley y The Wailers:
Non acabará este curso 2018/19 sen incluir un novo proxecto interdisciplinario integrado, esta vez adicado á CULTURA XITANA.
Algúns departamentos do noso centro prepararon e levaron a cabo co seu alumnado una serie de actividades que lles permitiron aprender moitísimo desta cultura: que ten un himno, unha bandeira, unha cultura musical, unha tradición oral literaria moi interesante, que servíu de inspiración para a temática de varias obras da literatura universal e española, que xerou unha forma de vida, de comportamento, de tradicións, de costumes diferenciadas que compre termos en conta. Convivimos con ela, polo que merecemos coñecela a fondo...
DEPARTAMENTO DE DEBUXO (Cartel anunciador no corcho do corredor do centro)
Carteis anunciadores no caballete da biblioteca
Las Grecas: Te estoy amando locamente:
Charlie Chaplin: The little gypsy:
A reproducción do corto de Charlot:
Pequenos narradores para contos tradicionais xitanos:
"Desafío ante una calavera" (Verñibuca Rodiño)
"Las manchas de la luna" (Daniela Arboleda)
"El gitano que engañó al demonio" (Irai Rodríguez)
"El sopas" (Andrea S. Gontad)
"El burro vendido al mismo diseño" (Constanza I. Gómez)
"Perillo echa harina a las ranas" (José A. Albán)
Na charla de Estívaliz Sánchez e Benjamín Fernández falóusenos da IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN, canta verdade!...
Dolores Vargas: Achilipú:
Himno xitano: Gjelem Gjelem:
Outro cartel dende o Departamento de Debuxo:
Presentacións na biblioteca:
Cristian, o rapaz sentado á esquerda, en primeiro plano, fíxolle unha entrevista á súa familia. Fixádevos no vídeo que aparece a continuación da foto. Encantounos:
Na biblioteca tamén se escoitaron os programas de radio sobre a cultura xitana:
O guitarrista Cuchús Pimentel deleitounos coa súa musica, falounos da "farruca", un xénero musical xitano moi próximo á cultura galega, e mesmo animou a algún alumno a que o acompañase co caixón:
E para rematar este día 5 de xuño, xa como profesora de Lingua Castelá e Literatura, imos recordar a un poeta universal das nosas letras españolas, FEDERICO GARCÍA LORCA, que tal día coma hoxe naceu en Fuente Vaqueros hai 121 anos. Foi el quen escribíu o ROMANCERO GITANO, onde se recolle a súa visión personalísima do mundo mítico xitano, e no que se combina o estilo de tipo tradicional co máis innovador das vangardas literarias.
Quérovos incluir aquí neste blog o poema que quizais máis me guste do Romancero, "Romance de la luna luna", e ademais versionado por unha cantante que a min me aspasiona, Ana Belén. Gozade del...
E, por suposto, o "Romance de la pena negra", interpretado por Alba Molina y Manuel Molina...
Niña Pastori: Tú me camelas.
Na seguinte fotografía vemos a unha das nosas alumnas da ESO falando sobre a película Carmen y Lola:
Tamén se nos falou sobre o proxecto arquitectónico que alá polos anos 70 elaborou César Portela. Na seguinte fotografía vense dúas das maquetas que o alumnado de Debuxo creou para a nosa Semana Xitana.
India Martínez: Khedni Maak:
As seguintes fotos e vídeos móstranos o traballo destes alumnos e alumnas sobre a serie de Peaky Bliders; contaron as fontes de información consultadas, o resultado das súas investigacións e o traballo na elaboración de subtítulos nalgunha escena da película:
E para rematar as actividades na biblioteca, un pouco máis de contos da tradición xitana:
"El desagradecido hijo de Bernardo" (Noa Gil)
"No mirad atrás" (Diego González)
"Los Coberteras" (Laura Crespo)
"En frente del moro está el tesoro" (Alejandro Feijóo)
"La aparición del estanquero" (Iris Fariña)
"El gran protector" (Jonathan Pombo)
A semana rematou, pero o noso Parnasillo recollerá algúns días máis o traballo dun montón de DEPARTAMENTOS do noso instituto... FIXÁDEVOS!!!
DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS: Persoeiros xitanos no ámbito das ciencias
DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA / LITERATURA UNIVERSAL: Portadas de obras de temática xitana (Todas as podedes atopar na biblioteca)
DEPARTAMENTO DE INGLÉS: Estudio da serie PEAKY BLINDERS.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA: Chaveiros feitos coa impresora 3D
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA: A poboación xitana no mundo, a expansión do pobo xitano, as súas fazañas...
DEPARTAMENTO DE DEBUXO (Varios traballos)
DEPARTAMENTO DE DEBUXO: Deseño de camisetas coa bandeira xitana.
DEPARTAMENTO DE DEBUXO: Análise da película Carmen y Lola.
DEPARTAMENTO DE DEBUXO: Proxecto arquitectónico de CÉSAR PORTELA en Pontevedra!!
DEPARTAMENTO DE DEBUXO: Reproducción das vivendas xitanas de César Portela (antecedentes no carro xitano, no hórreo e no vagón de literas)
DEPARTAMENTO DE DEBUXO: Información sobre unha muller xitana pintora, escritora e música supervivinte do Holocausto nazi.