04 novembro 2026

MES DA CIENCIA EN GALEGO: VIDEOCONFERENCIA Dr. FRANCISCO DÍAZ - FIERROS : " AUGA PARA TODOS. A SECA QUE NON CESA".

 

(Tema eixo da biblioteca: Biblioteca líquida: A auga como tema vertebrador de actividades)

1º de Bacharelato no Mes da Ciencia en Galego 💧

Co motivo do Mes da Ciencia en Galego (novembro 2026) , o alumnado de 1º de Bacharelato, coa colaboración do departamento de Bioloxía,  participou na biblioteca nunha videoconferencia de Igaciencia.

O Dr. Francisco Díaz-Fierros Viqueira impartiu a charla "Auga para todos. A seca que non cesa", onde analizou o ciclo da auga, as secas históricas e actuais en Galicia, o impacto do cambio climático e a urxencia de facer un uso responsable dos recursos hídricos. 


Ao finalizar o relatorio, os estudantes puideron formular as súas preguntas en directo ao Doutor a través do canal de Igaciencia.

Podedes ver a videoconferencia completa na seguinte ligazón.




















03 novembro 2026

📖 Formación de novos usuarios e usuarias na Biblioteca!

 

Estas semanas recibimos ao alumnado de 1.º de ESO  nas nosas xornadas de formación de novos usuarios e usuarias da Bilioteca.

Durante a visita explicámoslles o funcionamento da biblioteca  e o noso tema eixo: «Biblioteca líquida: a auga». Exploraron as diferentes zonas da biblioteca: a central, o Parnasillo, terraza...

Descubriron como buscar libros interpretando as etiquetas cunha dinámica en grupos seguindo as pistas dunhas tarxetas, tendo que localizar entre os andeis os libros asignados.

Ademais, a formación incluiu a presentación da biblioteca dixital E-LBE.2, explicándolles o seu funcionamento e facendo entrega das contrasinais de acceso a cada alumno e alumna para que poidan acceder ás lecturas tamén dende a casa.

A verdade é que traballamos moito e pasámolo en grande! Agardamos vervos moi pronto e moi a miúdo entre os andeis da biblioteca. 🎒📚