22 novembro 2023

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


Este ano a biblioteca do IES A Xunqueira I ten un lema para conmemorar este DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, que é

ROMPE O SILENCIO.

Con tal motivo unha serie de actividades buscan alzar a voz para incidir no feito de que a violencia non é a solución a ningún problema, de que a violencia non debe anteporse á comunicación ou ao respecto polo outro e, sobre todo, de que a violencia non pode ser o medio de atacar ás mulleres só polo feito de selo. As actividades das que falamos son as seguintes:

1) CHARLA DA POLICÍA NACIONAL sobre a VIOLENCIA MACHISTA a alumnado de 4º de ESO:






2) BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA E MENSAXES NA ÁRBORE DA BIBLIOXÚN, O RUMOROSO:
















3) COLABORACIÓN CON POLOS CREATIVOS PARA CREAR COA CORTADORA LÁSER OS PUÑOS COA MENSAXE DESTE ANO:

Os puños foron pegados nas portas de todas as clases do centro!



4) COLABORACIÓN CO DEPARTAMENTO DE PLÁSTICA...








5) COLABORACIÓN CO DEPARTAMENTO DE GALEGO (PLAN DE IGUALDADE):

Alumnado de 1º de ESO, 3º de ESO e 1º de Bacharelato (Literatura Universal), coordinado polas profesoras Mercedes e Raquel, do Departamento de Galego, levou a cabo un traballo de creación literaria: HAIKUS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. As composicións foron expostas nas cortizas do corredor do centro para toda a comunidade escolar: 














6) VÍDEOS PARA VER NA CLASE ESTES DÍAS.

Estes vídeos xa os puxeramos o ano pasado, pero non pasan de moda e son perfectos para tratar nas horas de titoría. Tratan sobre as posibles violencias dentro das relacións adolescentes:


E o seguinte vídeo é sobre o consentimento nas relacións sexuais que foi mostrado na charla impartida polo policía da que falabamos máis arriba:




7) ENLACES DE INTERESE:

DELEGACIÓN DE GOBERNO DE ESPAÑA: 

NACIÓNS UNIDAS: 

MANOS UNIDAS: 

ONU MULLERES: 

AMNISTÍA INTERNACIONAL: 

01 novembro 2023

MES DA CIENCIA EN GALEGO!

O MES DE NOVEMBRO xa sabedes que acolle o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS!!

Coma todos os anos o noso expositor central énchese de BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS cada vez máis interesantes! Fixádevos! Na parte de adiante están as obras en galego e na parte de atrás as obras en castelán! 

Por suposto, xa sabedes que no noso Instagram recollemos as obras das mesas de estudo a través do cancelo MESIÑASCUQUIS!! Entrade no Insta!

 

















Este ano a profesora Clara, de Ciencias Naturais, membro do equipo da biblioteca, encheu o panel do Parnasillo con LIÑAS DO TEMPO feitas polo seu alumnado. Están moi ben feitas!! Fixádevos tamén!!





31 outubro 2023

NOITE DE DEFUNTOS NA BIBLIOXÚN!!

A NOITE DE DEFUNTOS foi celebrada na nosa biblioteca grazas a participación de dous profesores, e o seu alumnado, por suposto, que forman parte do grupo de biblioteca: Cristina, de Lingua castelá e Literatura, e Gabino, de Inglés. Ambos organizaron sendas actividades que comezaron nas súas respectivas aulas e remataron cunha máis que sonsiderable participación do alumnado de todo o centro. As actividades foron as seguintes:

  • CONCURSO DE EPITAFIOS:
O alumnado participou inventando e escribindo en cadansúa lápida un epitafio. Houbo epitafios de todo tipo:, filosóficos, nostálxicos, mesmo graciosos e inxeniosos. Púxose unha urna-lápida na biblioteca e así participou o alumnado que quixo e as súas frases foron expostas no corredor do centro, nunha especie de cemiterio que decoraron membros da AMPA. Seleccionáronse os tres mellores e gañaron un premio que foi entregado o martes 31 na bibloteca. Estaba ateigada de rapazada, como veredes!!








  • CONCURSO DE CARTEIS DE PELÍCULAS DE MEDO: Alumnado de 4º e 1º de Bacharelato elaborou unha serie de carteis de películas de medo, escritas en inglés, que incluían a información sobre a película, un código qr co trailer da película e, por suposto, un deseño atractivo para dito cartel. Expuxéronse todos no Parnasillo. Elaborouse un cuestionario de Google para que todo o que quixera no centro os puidese votar. O equipo con máis votos gañaría tres entradas de cine para ver a peli de medo que máis lles apetecese esa fin de semana, e finalmente faríase un sorteo entre os participantes no concurso para levar tamén un pequeno agasallo. Ambos premios foron dados o mesmo día 31 na biblioteca. Foi todo un éxito!!











  • BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA: Por suposto, a bibliosuxestión lectora non podía faltar nesta celebración. As lecturas, coma sempre, variadas e seleccionadas para todos os gustos e as idades, pero sempre con contido TERRORÍFICOOOOOOO:

         

















  • DECORACIÓN DA AMPA!! QUE MEDO TODOOOOOOO!!!