Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións literarias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións literarias. Amosar todas as publicacións

21 abril 2023

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO (23 DE ABRIL). PROFESORADO E ALUMNADO RECOMENDAN...

 

Fondo de pantalla para o CROMA que empregaremos na actividade

Texto introductorio elaborado pola responsable da biblioteca:

O día 23 de abril é unha data mo sinalada para escritores, editoriais e amantes da lectura: celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, una xornada moi especial para fomentar e reivindicar a lectura, protexer os dereitos dos autores e autoras e visibilizar a industria editorial.

Escolléuse este día porque o 23 de abril de 1616 morreron, ou eso din, os escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

O que seguro que algún de vós non sabiades é que o primeiro Día Internacional do Libro celebrouse o 7 de outubro de 1926, e a idea foi do escritor catalán Vicente Clavel Andrés, para conmemorar o nacemento de Cervantes. Propúxose, entón, a chamada Festa do Libro Español.

Pero en 1930 decidíuse mover a celebración para a data actual do 23 de abril, que acabaría coincidindo co Sant Jordi, patrón de Cataluña, Aragón e Inglaterra.

A UNESCO, por outra banda, aprobou celebrar este día desde 1995 para apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento, así como para mostar a súa defensa do libro e dos dereitos de autor. Ademais, anualmente elíxese unha capital mundial do libro e organízase alí un completo programa de actividades e proxectos. Este ano é Accre, pobo de Ghana, África.

Hoxe, na biblioteca do noso centro celebraremos o Día Internacional do Libro, primeiro a través da lectura de fragmentos que reivindican a importancia e a necesidade de ler, e segundo a través das recomendacións que profesorado e alumnado nos queiran facer. Grazas a todos!

FELIZ DÍA DO LIBRO 2023!



  • Lista en KOHA das novidades coa temática dos LIBROS E DAS BIBLIOTECAS:
https://iesxunqueira1.edubib.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?op=view&shelfnumber=521&sortfield=title
  • Vídeo en Instagram onde se mostran os novos libros aos que nos referiamos arriba: 
https://www.instagram.com/p/CrT39TCsGFI/

14 outubro 2019

DÍA DAS ESCRITORAS. IV EDICIÓN: MULLERES, AMOR E LIBERDADE








http://diadelasescritoras.bne.es

O DÍA DAS ESCRITORAS é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. 

Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. 

A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. O amor entendido desde a perspectiva das mulleres: “un territorio amplo, complexo, contradictorio, laberíntico, atravesado por luces e sombras, grandes paixóns, mais tamén as coitas”, como explica Clara Sanchís, comisaria desta convocatoria.

*********************************************************************************

Desde a BIBLIOTECA DO IES A XUNQUEIRA I propoñemos un plan lector para toda a semana, de feito, falaremos mellor da SEMANA DAS ESCRITORAS.

Levaremos a cabo dous eventos:

1) A visibilización da obra dun conxunto de obras de escritoras galegas a través dun ITINERARIO LECTOR que una en fío ditas obras. (DURANTE TODA A SEMANA)

2) Un RECITAL POÉTICO levado a cabo por un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato E, e que nesta ocasión xira en torno a Delmira Agustini, autora que por primeira vez desde este ano está incluida no temario proposto pola CIUG na asignatura de Lingua Castelá e Literatura. (VENRES 18 NO RECREO)

Ambas actividades encaixan perfectamente no lema deste ano, "MULLERES, AMOR E LIBERDADE": 
  • Delmira Agustini, como reivindicadora da expresión das pulsións amorosas e sexuais da muller, na poesía do Modernismo; 
  • e as autoras galegas, porque cada unha no seu xénero, defendeu ou defende a liberdade da muller en tantos ámbitos. 
Animámosvos a ler e a gozar da lectura!















***************************

O día 18 de outubro, tal e como estaba previsto, fixemos unha lectura de poemas dunha muller, poeta ubicada no contexto do Modernismo hispano, DELMIRA AGUSTINI

A maneira que tivo esta escritora de buscar unha nova voz poética que dese luz ao interior feminino e á súa particular visión da realidade amorosa, nun mundo de homes, nunha sociedade nada afeita a que unha muller se presentase como suxeito e non coma obxecto amoroso, é perfecta para protagonizar este RECITAL POÉTICO que alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato elaboraron para todos nós. 

Noraboa aos participantes, fixéronno moi ben!!






Os alumnos e as alumnas agardan a que comece o RECITAL POÉTICO


A profesora Julia, eu,  fai a presentación do evento...


Sara fai unha semblanza de DELMIRA AGUSTINI

Abril le...
Aarón le "La musa gris".

Teo le...

Evelyn le...

Valeria le...

Alba le...

Mónica le...

Adrián le...
Foi un pracer escoitarvos!!!

11 outubro 2019

BIBLIOSUXESTIÓN Nº 1


Este é o noso primeiro número de BIBLIOSUXESTIÓNS

Pretendemos, desde a biblioteca que o alumnado vaia coleccionando, nestas follas din-a4 polas dúas caras, o título das obras recomendadas nas diferentes exposicións que se levan a cabo na biblioteca por diversas razóns.

Neste primeiro número, recollemos un primeiro grupo de obras relacionadas coa natureza, que é o tema eixo deste ano. 

Quería facer unha precisión: Non recollemos na ficha o argumento de cada unha das obras, porque preferimos que estes estén feitos en FICHAS ao lado da obra na propia exposición da biblioteca. Deste xeito, a información está sempre a man e, o que é máis importante, ese traballo pretende que sexa feito polos voluntarios/as da biblioteca. 

Nada máis! Desfrutade de cada unha delas!!




17 maio 2019

DE NOVELA XUVENIL, DIVERSIDADE SEXUAL E DIVERSIDADE DE XÉNERO

Para que nunca teñamos que celebrar o "Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia" (17 de maio) , o mellor é que LEAMOS e APRENDAMOS. 




O blog "Sala de lectura" recolle nunha das súas entradas unhas cantas recomendacións de literatura xuvenil enfocada á DIVERSIDADE SEXUAL:

https://saladelecturasc.blogspot.com/2019/01/de-novela-xuvenil-e-diversidade-sexual.html


-EVA MEJUTO: 22 segundos.



-MARÍA REIMÓNDEZ: Fóra do normal.



-ELI RÍOS: DX.



-IRIA MISA: Mamá, quero ser Ziggy Stardust.



-MARÍA XOSÉ QUEIZÁN: A semellanza.



-MARÍA XOSÉ QUEIZÁN: Ten o seu punto a fresca rosa.



-CRIS PAVÓN: Sangue 12.



-AARÓN FONTÁN: Testigos de la verdad.



-CONCEPCIÓN RODRÍGUEZ GASCH: Llámame Paula.



-BERMÚDEZ: Tránsito. (Novela gráfica)



-JESSICA HERTHEL: Soy Jazz.



-TERESA MOURE: Benquerida catástrofe.



-DOLORES REDONDO: Todo isto che darei.



-KRISTINA DUNKER: Normal, diferente.



-JORDI SIERRA Y FABRA: Do outro lado do espello.



-XERARDO QUINTIÁ: Titiritesa. (Album ilustrado)



-JAVIER SOBRINO: Un segredo no bosque. (Album ilustrado)



-OLGA DE DIOS: Monstruo rosa.



-JUSTIN RICHARDSON: Con Tango son tres. (Album ilustrado)



-FRAN PINTADERA: Cándido e os demais. (Album ilustrado)



ITINERARIO LECTOR Nº 12
SOBRE DIVERSIDADE SEXUAL:

1. EVA MEJUTO: 22 segundos.

2. JORDI SIERRA I FABRA: Do outro lado do espello. (Novidade)

3. MARÍA REIMÓNDEZ: Fóra do normal. (Novidade)

4. IRIA MISA: Mamá, quero ser Ziggy Stardust. (Novidade)

5. DOLORES REDONDO: Todo isto che darei. 

6. OLGA DE DIOS: Monstro rosa. (Novidade) -Álbum ilustrado-.

7. FRAN PINTADERA, CHRISTIAN INARAJA: Cándido (Novidade) -Álbum ilustrado-.

8. WALT WHITMAN: Antología poética. -Poesía-.

9. ELVIRA SASTRE: Cuarenta y tres maneras de soltarse el pelo. -Poesía-.





05 maio 2019

LIBROS RECOMENDADOS POR ALMUDENA GRANDES.

HOXE É DÍA DA NAI!!!


Con ocasión deste día, a escritora ALMUDENA GRANDES recomenda os seguintes libros, que abordan o tema da MATERNIDADE. Se pulsades no enlace, poderedes saber algo máis de cada unha das obras:

https://librotea.elpais.com/inspiradores/almudena-grandes/estanteria/maternidades-literarias-por-almudena-grandes

-MARGARET ATWOOD: El cuento de la criada. 




-PILAR BONNET: Lo que no tiene nombre. 




-RAFAEL CHIRBES: La buena letra.




-AGOTA KRISTOF: Claus y Lucas.




-ANA MARÍA MATUTE: Los hijos muertos.




-MAGGIE O'FARRELL: La extraña desaparición de Esme Lennox.




-RAMIRO PINILLA: Antonio B., el ruso.




-ELENA PONIATOWSKA: Hasta no verte Jesús mío.




-EMMA REYES: Memoria por correspondencia.




-MARTA SANZ: La lección de anatomía.




-ANGELIKA SCHROBSDORFF: Tú no eres como otras madres. 




-DELPHINE DE VIGAN: Nada se opone a la noche.