http://diadelasescritoras.bne.es
O DÍA DAS ESCRITORAS é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas.
Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.
Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro.
A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. O amor entendido desde a perspectiva das mulleres: “un territorio amplo, complexo, contradictorio, laberíntico, atravesado por luces e sombras, grandes paixóns, mais tamén as coitas”, como explica Clara Sanchís, comisaria desta convocatoria.
*********************************************************************************
Desde a BIBLIOTECA DO IES A XUNQUEIRA I propoñemos un plan lector para toda a semana, de feito, falaremos mellor da SEMANA DAS ESCRITORAS.
Levaremos a cabo dous eventos:
1) A visibilización da obra dun conxunto de obras de escritoras galegas a través dun ITINERARIO LECTOR que una en fío ditas obras. (DURANTE TODA A SEMANA)
2) Un RECITAL POÉTICO levado a cabo por un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato E, e que nesta ocasión xira en torno a Delmira Agustini, autora que por primeira vez desde este ano está incluida no temario proposto pola CIUG na asignatura de Lingua Castelá e Literatura. (VENRES 18 NO RECREO)
Ambas actividades encaixan perfectamente no lema deste ano, "MULLERES, AMOR E LIBERDADE":
- Delmira Agustini, como reivindicadora da expresión das pulsións amorosas e sexuais da muller, na poesía do Modernismo;
- e as autoras galegas, porque cada unha no seu xénero, defendeu ou defende a liberdade da muller en tantos ámbitos.
Animámosvos a ler e a gozar da lectura!
***************************
O día 18 de outubro, tal e como estaba previsto, fixemos unha lectura de poemas dunha muller, poeta ubicada no contexto do Modernismo hispano, DELMIRA AGUSTINI.
A maneira que tivo esta escritora de buscar unha nova voz poética que dese luz ao interior feminino e á súa particular visión da realidade amorosa, nun mundo de homes, nunha sociedade nada afeita a que unha muller se presentase como suxeito e non coma obxecto amoroso, é perfecta para protagonizar este RECITAL POÉTICO que alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato elaboraron para todos nós.
Noraboa aos participantes, fixéronno moi ben!!
 |
Os alumnos e as alumnas agardan a que comece o RECITAL POÉTICO |
 |
A profesora Julia, eu, fai a presentación do evento... |
 |
Sara fai unha semblanza de DELMIRA AGUSTINI |
 |
Abril le... |
 |
Aarón le "La musa gris". |
 |
Teo le... |
 |
Evelyn le... |
 |
Valeria le... |
 |
Alba le... |
 |
Mónica le... |
 |
Adrián le... |
Foi un pracer escoitarvos!!!