Amosando publicacións coa etiqueta Exposición. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exposición. Amosar todas as publicacións

25 novembro 2025

ACTIVIDADES DO 25 N: "NO IES A XUNQUEIRA I DÁMOSLLE AS COSTAS Á VIOLENCIA MACHISTA".

(ACTIVIDADE RELACIONADA COA BIBLIOTECA CREATIVA, A INTERDISPLINARIEDADE, A CONMEMORACIÓN DE DATAS SIGNIFICATIVAS)


Pode verse un video máis detallado das camisetas 
en Instagram: buscade @biblioxun !!

Alumnado de 2º de ESO, nas clases de Titoría, conmemorou esta data tan especial colaborando no mural que a Biblioteca e o Equipo de Igualdade preparou no corredor, que levaba por título "NA XUNQUEIRA I DÁMOSLLE AS COSTAS Á VIOLENCIA MACHISTA". 

A partir da ilustración dunha rapaza posta de costas e vestida con camiseta branca, a rapazada deseñou o debuxo desta prenda, lembrando este día, recordando ás mulleres que xa non están, animando á cidadanía a ser máis conscientes da existencia deste problema, reforzando actitudes positivas... 

02 maio 2023

PLANETAS E SERES EXTRATERRESTRES no Parnasillo!



A profesora Blanca, membro do equipo de biblioteca, organizou unha exposición no Parnasillo cos traballos feitos polo alumnado de Bacharelato na materia de Técnicas Artísticas. O traballo está relacionado co tema eixo deste ano na biblioteca: "O espazo exterior: mundos por descubrir". Lembrade que tamén enlaza coa temática do grupo de Polos Creativos. 

Trátanse, por unha banda, duns collages que semellaban planetas e, por outra, duns seres extraterrestres feitos con material reciclado. 

Colgamos no Instagram dous vídeos que amosan o contido desta exposición:

https://www.instagram.com/p/Cr3JLteN8gB/

https://www.instagram.com/p/Cr3Jz8Vtbog/



03 outubro 2022

Actividades cos grupos do Bacharelato artístico!

O grupo de 1º E de Bacharelato (modalidade artística), na materia de PROXECTOS ARTÍSTICOS, asistíu á exposición colectiva de traballos de fin de grao da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A exposición, que leva por título "Do final e do comezo, 2022" está no Pazo da Cultura de Pontevedra e pode visitarse ata o 30 de outubro. 






21 marzo 2022

OBXECTOS IMPOSIBLES E A SÚA PUBLICIDADE!

Alumnado de 3º de ESO e de 2º de Bacharelato inventou un conxunto de obxectos superorixinais e moi curiosos acompañados de cadanseu cartel publicitario. A actividade está organizada polo profesor Eusebio, do Departamento de Debuxo e relaciónase co TEMA EIXO da biblioteca este ano, "PUBLICIDADE E COMUNICACIÓN". 

Pasade polo Parnasillo e comprobaredes a imaxinación  que teñen estes rapaces e rapazas para inventar cousas!!













21 febreiro 2022

CHEGARON AS MÁSCARAS!!!

 ... PERO NON AS DE ENTROIDO!!

Departamento de Grego (profesora Loli Cruz), o Departamento de Plástica (profesor Eusebio) e o alumnado de 3º de ESO organizaron esta exposición de MÁSCARAS DO TEATRO GRECOLATINO e unha serie de TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN sobre o tema. 

O resultado foi o seguinte, mirade que bonitooo!!!












15 novembro 2021

MES DA CIENCIA EN GALEGO!!

 Neste mes da ciencia en galego temos na Biblioxún unha chea de actividades:

  • BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA nos nosos estantes:







  • A Asociación Micolóxica Brincabois levou á rapazada a buscar cogomelos!!! Mirade que marabilla!! Esta actividade está organizada polo Equipo de Normalización Lingüística do Galego (dirixido polo profesor Reboredo, que xa sabedes que colabora coa biblioteca): 








  • Alumnado de 3º de PMAR, axudado pola profesora Clara (Ámbito científico), expuxo na Terraza da Biblioxún carteles sobre "MULLERES NA CIENCIA GALEGA":
















  • En Física, alumnado de 3º da ESO, guiado poca profesora Raquel, tamén levou a cabo uns vídeos sobre o MÉTODO CIENTÍFICO moi interesantes! Nesta semana decidiron compartilos con todos nós!