02 maio 2023

PLANETAS E SERES EXTRATERRESTRES no Parnasillo!



A profesora Blanca, membro do equipo de biblioteca, organizou unha exposición no Parnasillo cos traballos feitos polo alumnado de Bacharelato na materia de Técnicas Artísticas. O traballo está relacionado co tema eixo deste ano na biblioteca: "O espazo exterior: mundos por descubrir". Lembrade que tamén enlaza coa temática do grupo de Polos Creativos. 

Trátanse, por unha banda, duns collages que semellaban planetas e, por outra, duns seres extraterrestres feitos con material reciclado. 

Colgamos no Instagram dous vídeos que amosan o contido desta exposición:

https://www.instagram.com/p/Cr3JLteN8gB/

https://www.instagram.com/p/Cr3Jz8Vtbog/