(ACTIVIDADE RELACIONADA COA BIBLIOTECA CREATIVA, A INTERDISPLINARIEDADE, A CONMEMORACIÓN DE DATAS SIGNIFICATIVAS)
Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2025-26: "MIRADAS REVELADORAS: O AUDIOVISUAL NA BIBLIOTECA"
25 novembro 2025
ACTIVIDADES DO 25 N: "NO IES A XUNQUEIRA I DÁMOSLLE AS COSTAS Á VIOLENCIA MACHISTA".
ACTIVIDADES 25 N: "O machismo vese claro... cando enfocas. E ti, velo?"
No noso centro, desenvolvemos actividades dentro da materia de Proxecto Competencial, no ámbito do Departamento de Debuxo e tamén grazas ao Equipo de Igualdade, e obtemos traballos tan interesantes coma estes...
Nós si que vemos o machismo claramente, nós estamos coas vítimas, nós rexeitamos a violencia, nós reivindicamos este día e non calamos o resto do ano...
Grazas ao alumnado que traballa tanto e transmite tanto...
Todo está nos corredores do centro e no Parnasillo, e por suposto, dentro do Tema Eixo de "Miradas reveladoras":
29 novembro 2019
NOVO CARTEL NA BIBLIO: "Respecto é igualdade. Igualdade é respecto"
26 novembro 2019
ENTREGA DE PREMIOS DE MICRORRELATOS
"Marta se despertó pronto y subió la persiana. Estaba el día despejado, aunque era diciembre. Era una buena señal para su primer día de trabajo en esa ciudad en la que llevaba apenas una semana. Nunca más gritos, ni miedo, ni amenazas. Todo aquello se había acabado". Lorenzo Fernández Millán.
25 novembro 2019
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER 4 (ACTIVIDADES DOS DEPARTAMENTOS)
- A profesora Sonia, do Departamento de Filosofía, preparou para a celebración deste día diversas actividades, que pasa a explicar a continuación:
- A profesora Rosa, de Matemáticas, preparou a seguinte actividade, que pasa a explicar a continuación:
Cos alumnos e alumnas da miña titoría, 1º ESO B, buscamos o porqué da celebración da data do 25 N e o número de mulleres mortas por violencia de xénero desde o 2006. Logo, con estes datos, e en colaboración co 1º ESO Agrupamento, fixemos un diagrama de barras. David, o conserxe, axudounos a colocar todos os elementos para o corredor do centro. O mesmo día 25 farase un mural con falsos mitos sobre a violencia de xénero.
- A profesora Carlota, de Francés, preparou a seguinte actividade, que pasa a explicar a continuación:
1ª) Visionamos a publicidade francesa, con elementos sexistas, "Les Pockets de Dim 2016" (https://youtu.be/HexTZbSIEII) para logo debatir por parellas e en grupo.
2ª) Unha parella francesa parodiou esta publicidade,"Vous êtes Inadmissibles! (Parodie Pub DIM / F. Beigbeder)" e o analizamos.
3ª, 4ª e 5ª) Adicáronse a buscar na rede unha publicidade sexista. Por parellas, tiveron que analizala e explicala. Finalmente, tiveron que inventar unha parodia a esa publicidade e plasmala nunha cartulina, que se exporá o 25N no Parnasillo.
- A profesora Carmina, de Inglés, organizou xunto co seu alumnado de 2º de Bacharelato, unha exposición oral no proxector da biblioteca titulada "Exhibition violence against woman and media" , sobre o tratamento nos medios extranxeiros dos casos de violencia de xénero.
- A profesora Moncha, de Galego analiza tamén as noticias sobre violencia de xénro na prensa española (1º e 2º de Bacharelato).
- Desde o Consello de Igualdade do IES A Xunqueira I púxose unha "Pinga doce" ao día:


























































