Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO para o curso 2026-27: "BIBLIOTECA LÍQUIDA: A AUGA COMO TEMA VERTEBRADOR DE ACTIVIDADES".
14 novembro 2025
CEA VEGANA. Instalación artística.
30 outubro 2025
ENTREGA DE PREMIOS: Concurso de microrrelatos de terror baseados en imaxes.
(ACTIVIDADE RELACIONADA COA CREACIÓN LITERARIA E COA DIFUSIÓN DA CULTURA DESDE AS BIBLIOTECAS)
Así foi a entrega de premios aos mellores microrrelatos de terror baseados en imaxes:
27 outubro 2025
BIBLIOTECA CREATIVA: HALLOWEEN ZINES!
(ACTIVIDADE RELACIONADA COA BIBLIOTECA CREATIVA E A BIBLIOTECA COMO LUGAR DE COÑECEMENTO)
Alumnado de 1º de Bacharelato organizou, coa supervisión do Departamento de Inglés, unha exposición de ZINES, que son pequenos libriños coa temática de Halloween no que poñen en práctica o seu dominio da lingua inglesa e as súas facultades artísticas, que son moitas!!
15 outubro 2025
DÍA DE DEFUNTOS, DÍA DE TODOS OS SANTOS, SAMAÍN, HALLOWEEN...
(ACTIVIDADE RELACIONADA COA PROMOCIÓN DA LECTURA E A BIBLIOTECA COMO LUGAR DE COÑECEMENTO)
A biblioteca pon a disposición da comunidade educativa lecturas acordes coa festividade de Defuntos, neste caso con dous obxectivos:
1) levar lecturas coa temática do medo, do terror, de mortes, de lendas de Galicia, etc. para as vacacións (BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS);
2) ou ofrecer modelos de composición narrativa para o concurso de MICRORRELATOS DE TERROR que se organizou este ano.
Xa sabedes que en KOHA temos a LISTA correspondente a esta temática, para cando gustedes...
06 outubro 2025
CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR BASEADOS EN IMAXES!!
(ACTIVIDADE RELACIONADA CO FOMENTO DA CREACIÓN LITERARIA)
Este ano temos CONCURSO DE MICRORRELATOS basados en IMAXES!!
Lede ben as bases e participade!!
O premio son entradas de cine para ir ver durante a ponte de Todos os Santos!!
30 outubro 2024
CONCURSO DE CARTEIS DE PELÍCULAS DE MEDO
Hoxe, na biblioteca, foi a entrega dos premios do CONCURSO DE CARTEIS DE PELÍCULAS DE MEDO entre o alumnado de 1º de Bacharelato.
Sabedes que levaron de premio?? UNHAS ENTRADAS DE CINE para ir nestes días a celebrar o Halloween!!
Non pensades que é un planazo??
Trick or treat???
CONCURSO DE RELATO CURTO DE TERROR
Hoxe, na biblioteca, entregamos os premios do CONCURSO DE RELATO CURTO DE TERROR, que este ano leva a temática de "Un mundo de árbores". De árbores de medo, claro!!!!
Sabedes que levaron de premio?? UN VALE DE 30 EUROS para mercar o LIBRO QUE MÁIS LLES GUSTE na LIBRARÍA "EL PUEBLO"!!! Que vos parece?? Estupendo, verdade?
Grazas a todos e a todas por participar!!






















































