Amosando publicacións coa etiqueta Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galego. Amosar todas as publicacións

14 marzo 2025

Visita de MARÍA REIMÓNDEZ: a novela Furia.

Hoxe visitounos MARÍA REIMÓNDEZ para falar da súa novela Furia, XV Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil en 2023. Recibírona un grupo de 3º de ESO.

A contiuación, a autora foi entrevistada na Radio Ra.

O Departamento de Galego e a Biblioteca segue "loitando" por mellorar o nivel de lectura do alumnado. Estamos contentos coas visitas dos autores e autoras galegas no noso centro.





A cotinuación, engadimos a ligazón á ESCALETA DA ENTREVISTA A MARÍA REIMÓNDEZ EN RADIO RA ("Baixar documento") e as fotos da autora, a alumna entrevistadora e a profesora de galego que dirixíu todo o proceso: 



13 maio 2024

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (17 DE MAIO)



Esta semana celebramos por fin AS LETRAS GALEGAS!! O 17 de maio é o día, e como é festivo, seguro que tedes algúns diíñas libres para ler!! 

Este ano está adicado a LUISA VILLALTA. Nas seguintes ligazóns podedes acceder a toda a información sobre a súa vida e a súa obra: 





Este ano organizouse unha actividade interdisciplinaria entre o Departamento de Galego e o Departamento de Debuxo. Consistíu na elaboración de collages (por parte dun grupo de 1º de ESO) e ilustracións (por parte do resto de grupos de 1º) que teñen como inspiración versos de poetas e poetisas galegas, homenaxeados polo Día das Letras Galegas, entre elas tamén versos de Luisa Villalta, a homenaxeada deste ano. 

Para isto, o Dpto. de Lingua galega cede 2-3 sesións para propoñer unha listaxe de poetas e a busca dos textos máis inspiradores, e posteriormente avanzar o traballo pautado pola profesora de Debuxo. O Dpto. de Plástica encárgase das pautas esenciais da parte artística (deseño, técnicas, etc.) coas sesións correspondentes, de guiar a aquel alumnado máis indeciso na escolla dos textos e de asesorar ao alumnado coas técnicas que se van utilizar para as láminas.

O produto final desta actividade é unha exposición no Parnasillo dos traballos do alumnado
















Finalmente, e como non pode ser doutro xeito, na BIBLIOXÚN temos moitiísimas recomendacións lectoras (BIBLIOSUXESTIÓNS) para vós, para que sexades quen de gozar da lingua galega, da lingua da que estamos tan orgullosos, porque reflexa todo de nós e somos nós grazas a ela. FALEMOS GALEGO todo o posible e LEAMOS SEMPRE... Na Biblioxún temos literatura en galego (poesía, teatro e narrativa), temos obras co selo de "Lectura fácil", tamén ensaios humanísticos, lingüísticos, científicos... De todo!!




























31 maio 2023

PROXECTO "A VOLTAS POR PONTEVEDRA" (ROTEIRO CULTURAL)

Grazas ao profesor Fernando, do Dpto. de Galego, e ao seu alumnado de 3º de PDC, levouse a cabo o seguinte PROXECTO EDUCATIVO, que conlevou varios tipos de actividade como vedes no seguinte cadro informativo. 

O resultado foron SETE ROTEIROS CULTURAIS por Pontevedra (xardíns, cruceiros, prazas, igrexas, etc.) todos eles ilustrativos, interesantes e moi amenos. 

Fixádevos! Podedes aproveitar os códigos QR para facer o roteiro vós mesmos/as...