Amosando publicacións coa etiqueta Lectura compartida. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lectura compartida. Amosar todas as publicacións

21 abril 2023

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO (23 DE ABRIL). PROFESORADO E ALUMNADO RECOMENDAN...

 

Fondo de pantalla para o CROMA que empregaremos na actividade

Texto introductorio elaborado pola responsable da biblioteca:

O día 23 de abril é unha data mo sinalada para escritores, editoriais e amantes da lectura: celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, una xornada moi especial para fomentar e reivindicar a lectura, protexer os dereitos dos autores e autoras e visibilizar a industria editorial.

Escolléuse este día porque o 23 de abril de 1616 morreron, ou eso din, os escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

O que seguro que algún de vós non sabiades é que o primeiro Día Internacional do Libro celebrouse o 7 de outubro de 1926, e a idea foi do escritor catalán Vicente Clavel Andrés, para conmemorar o nacemento de Cervantes. Propúxose, entón, a chamada Festa do Libro Español.

Pero en 1930 decidíuse mover a celebración para a data actual do 23 de abril, que acabaría coincidindo co Sant Jordi, patrón de Cataluña, Aragón e Inglaterra.

A UNESCO, por outra banda, aprobou celebrar este día desde 1995 para apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento, así como para mostar a súa defensa do libro e dos dereitos de autor. Ademais, anualmente elíxese unha capital mundial do libro e organízase alí un completo programa de actividades e proxectos. Este ano é Accre, pobo de Ghana, África.

Hoxe, na biblioteca do noso centro celebraremos o Día Internacional do Libro, primeiro a través da lectura de fragmentos que reivindican a importancia e a necesidade de ler, e segundo a través das recomendacións que profesorado e alumnado nos queiran facer. Grazas a todos!

FELIZ DÍA DO LIBRO 2023!



  • Lista en KOHA das novidades coa temática dos LIBROS E DAS BIBLIOTECAS:
https://iesxunqueira1.edubib.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?op=view&shelfnumber=521&sortfield=title
  • Vídeo en Instagram onde se mostran os novos libros aos que nos referiamos arriba: 
https://www.instagram.com/p/CrT39TCsGFI/

23 abril 2021

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 


  • Desde o Departamento de Inglés e organizado polo profesor Inacio, lectura de POEMAS DE LANGSTON HUGHES polo alumnado de 3º A:
https://drive.google.com/file/d/1kWulhGHFewx8Wzr4qoXhCVPFJeR0qkJK/view?usp=sharing_eil&ts=6081cfef






  • AGRADECEMENTO Á LECTURA que nos salvou tantas veces de tantas cousas... (conxunto de imaxes extraídas do blog da biblioteca proxectadas na pantalla do corredor do centro): 

https://drive.google.com/file/d/1XHsnLS0fo_GocSAynkfUPCOUSgZ-jJv2/view?usp=sharing



  • LECTURA COMPARTIDA: Cantos se animaron a celebrar o Día do Libro na Biblioteca!!!
















  • AS BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS: Coma sempre, a biblioteca expón novidades, mensaxes, desexos de futuro para o noso alumnado...


Lembramos o aniversario de Charles Baudlaire

Lembramos o aniversario de de dona Emilia Pardo Bazán

Adiantamos un pouquiño a seguinte celebración:
 o Día das Letras Galegas, con Xela Arias como protagonista

Fermosa mesa, hermosas suxestións

Aproveitando aquela exposición de "Máis que libros" para o seu día...


Un texto do noso poeta universal, Federico García Lorca,
que celebraba os libros, as bibliotecas e a cultura. 

¡Yo he venido aquí a hablar de mi libro!!

  • "A MAXIA DOS LIBROS": Exposición fotográfica feita por alumnado de 1º de Bachillerato:













22 abril 2021

LECTURA DE FÁBULAS POR ALUMNADO DE PMAR

 Alumnado de PMAR compartíu

 a lectura de Fábulas cos seus compañeiros!


"O mundo máxico... con ensinanza final"







19 outubro 2020

DÍA DAS ESCRITORAS. 5ª EDICIÓN. 2020. "O ESFORZO COTIÁ DAS MULLERES"




Na nosa biblioteca, como todos os anos, celebramos o DÍA DAS ESCRITORAS, que xa sabedes que é unha celebración organizada pola Biblioteca Nacional de España e que este ano xira en torno ao tema "O esforzó cotiá das mulleres"

Esta quinta edición conta co comisariado da escritora Elvira Lindo, quen elixíu o tema e seleccionou as escritoras e as lecturas.  Leranse fragmentos de obras das seguintes escritoras: Teresa de Jesús, Rosalía de Castro, Dulce María Loynaz, Blanca Varela, Errose Bustintza (Mañariko), Elena Fortún, Sor Juana Inés de la Cruz, Ana María Matute, Josefina Carabias, Pura Vázquez, Luisa Carnés, Gloria Fuertes, Mercè Rodoreda, Idea Vilariño, Circe Maia, Emilia Pardo Bazán, Victorina Durán, Ida Vitale, Carmen Baroja y Nessi y Concha Méndez. Mirade no seguinte enlacehttps://diadelasescritoras.bne.es/autoras/

  • Nós, pola nosa parte, fixemos unha selección de obras de poesía escrita por mulleres, en castelán e en galego, por se queredes levar algunha en préstamo. 


















  • Ademais o venres 16 no recreo léronse alguns poemas de SAFO DE LESBOS, a décima musa do Parnaso, a muller que levou a POESÍA MONÓDICA DE AMOR, en grego clásico, aos máis altos cumios. As lectoras foron alumnas de Grego, de 2º de Bacharelato, que deron mostras do seu dominio da lectura en grego clásico: