Amosando publicacións coa etiqueta Difusión de recursos da biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Difusión de recursos da biblioteca. Amosar todas as publicacións

04 outubro 2021

CURSO 2021-22: NOVOS ESPAZOS DA BIBLIOTECA!!

Un novo espazo na biblioteca: A TERRAZA DA BIBLIOXÚN!! 

Este verán pasouse toda a biblioteca desde o primeiro piso á planta baixa, onde está o Parnasillo, as aulas de Tecnoloxía, a Sala de Usos Múltiples e a Cafetería. 

Con este cambio, engadimos un novo espazo máis: A TERRAZA DA BIBLIOXÚN. 

Aquí podedes pasar o voso TEMPO DE LECER XOGANDO (xadrez, oca, parchís e outros xogos que iremos poñendo pouco a pouco), LENDO REVISTAS, PERIÓDICOS ou facendo as ACTIVIDADES EN GRUPO que precisedes nas mesas que se dispuxeron para o seu uso. 

Iso si, non podedes comer, aínda que teñades moi preto a cafetería. O que si podedes facer é tomar o aire e gozar do maravilloso fento que tiña o instituto medio escondido, pero que está moi moi bonito, xa veredes!

Os mobles desta terraza había que montalos, pero un grupo de alumnos e alumnas de Bacharelato  (Tecnoloxía) botáronnos unha man e agora temos un espazo superchulo. 

Entremos!


Que traballadores!


Que traballadora!!



Mirade que bonita quedou a nosa TERRAZA!







E mirade como, pouquiño a pouco, vaise coñecendo e vaise usando a terraza: 






Algúns alumnos e alumnas da ESO van mellorar o aspecto da parte de pedras e terra no que se asenta o fento!! Axúdalles a profesora Blanca, de Debuxo.



E agora entremos na biblioteca!

Entrada ao Parnasillo

Seguimos a frecha...

Seguimos a frecha...

Entramos no Parnasillo propiamente dito...

Esta é a porta da nova BIBLIOXÚN!

Zona de empréstitos e devolucións

Estantes de revistas

Estantes de Cómics e outras temáticas (Ide por ali!)



O nome de "Cómic" é un traballo feito
por unha colaboradora da Biblioteca, Ainoa!



Zona de ordenadores


Espazo informal de lectura (Nestes momentos con limitacións polo Covid)


Estante central de Bibliosuxestións lectoras

Zona de mesas e cadeiras

Estantes de Narrativa, Teatro, Poesía e Ensaio


Fixádevos na cartelería destes estantes!
Foron feitos por Ainoa, unha alumna do noso centro!




Estantes con moitas máis temáticas (Fixádevos!)





Na entrada aínda está o hidroxel e o papel, 
para que non descuidedes a limpeza
e non olvidemos que estamos en pandemia!

Non pode faltar o noso buzón de suxestións!
Recoméndanos libros, pelis, o que queiras!

Nos corredores do primeiro piso
temos información sobre a biblioteca:
TEMA EIXO DESTE ANO, ACTIVIDADES TRIMESTRAIS....

...mesmo dos nosos concursos literarios e artísticos durante o ano!

Na entrada da Biblioxún está a nosa pizarra magnética, 
onde está o horario e outra información importante.

E fixádevos nos novos carteis informativos, 
onde vos sinalamos que tipo de libros podedes atopar




Nos taboleiros do primeiro piso tamén podedes ir co móvil, 
e capturar o código QR para acceder á entrada do AUTOR/A DO MES!


  

Este ano tamén temos un estante especial
para os libros co selo de LECTURA FÁCIL! 





Temos exposto un Kamishibai, 
para que practiquedes a narración oral!

E no vos olvidedes das nosas MESIÑAS CUQUIS, 
que sempre están cheas de revistas de actualidade 
ou suxestións lectoras moi interesantes!