Amosando publicacións coa etiqueta Tema eixo da biblioteca: As viaxes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tema eixo da biblioteca: As viaxes. Amosar todas as publicacións

17 xuño 2019

A VIAXE DE HOLDEN CAULFIELD

Seguindo co tema eixo da biblioteca deste ano, AS VIAXES, aquí vos deixamos o último traballo dos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato que este ano cursaron a asignatura de LITERATURA UNIVERSAL

O traballo consistíu na elaboración dunha serie de PÓSTERS, que fixeron de modo dixital, a partir da lectura da obra de El guardián entre el centeno, de J. D. Salinger, do que ademais se cumpriron 100 anos do seu nacemento. 

Empregaron enlaces como o de https://www.canva.com para crear un póster ou o de http://www.codigos-qr.com  para crear códigos qr. 

Buscaron os seus propios enlaces a vídeos en https://www.youtube.com; fixeron listas de reproducción en https://www.spotify.com/es/ e buscaron fotos, blogs ou páxinas interesantes en https://www.google.com

O resultado tédelo no corredor que vai cara as aulas de Lingua Castelá e Literatura (C-1, -2, -3).

Podedes viaxar con Holden Caulfield por Nova Iorque, escoitar a música que aparece na novela ou acceder ás obras de literatura que máis lle gustan ao protagonista. Xenial!








23 maio 2019

CHARLES DICKENS: UN AUTÉNTICO AUTOR GLOBAL

Unha nova exposición dentro da temática das VIAXES!

Con ocasión da exposición "Dickens, un auténtico autor global", no museo adicado ao autor en Londres, fixemos nós a nosa propia:


Dickens foi, ademais dun magnífico escritor
da literatura universal, un viaxeiro de vocación.

Mesmo levaba un escritorio portátil para nunca deixar de escribir,
e recoller as súas experiencias na súa obra.

O profesor Ramos e a profesora Carmina
cederon para a exposición os seus propios libros!

Na biblio temos uns cantos libros de Dickens:
viaxade con el a todas partes!
No seguinte enlace tedes a noticia de onde se sacou a idea da exposición:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2019/05/20/dickens-autentico-autor-global/0003_201905G20P30991.htm

Aquí podedes visitar o museo de Dickens:
https://dickensmuseum.com


En la siguiente página del Proyecto Gutenberg podedes atopar  varias obras de Dickens en inglés:
https://www.gutenberg.org/ebooks/search/?query=dickens

15 maio 2019

OS CATRO PUNTOS CARDINAIS

A profesora Blanca, desde o Departamento de Debuxo, organizou, dentro do tema eixo da biblioteca, AS VIAXES, unha exposición nos corredores do centro no que se poden ver...

OS CATRO PUNTOS CARDINAIS! 

Pensades, coma min, que son fundamentais para non perdermos... no noso discorrer vital, ou na vida académica, ou nos corredores do instituto, ou para atopar a saída, ou para atoparnos a nós?





08 maio 2019

CARTEIS NA BIBLIOTECA (PREMIOS)

Por expresa petición da profesora Ana, de Debuxo, expoñemos os traballos de dúas das súas alumnas, que obtiveron dous importantes premios:




-Anaïs Cerezal, de 2º de Bacharelato D, que gañou o Concurso artístico-literario que todos os anos propón a biblioteca, e que no 2018/19 ofrece como tema, xa sabedes, AS VIAXES. 





-Sarai Aponte, de 2º de Bacharelato D, que terá o orgullo de incluir o seu debuxo, tamén sobre AS VIAXES, na portada da revista Xuncos do noso centro.



23 abril 2019

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO ARTÍSTICO ANUAL DA BIBLIOTECA






Por fin, a entrega de premios do noso concurso anual da Biblioteca sobre o tema eixo deste ano: AS VIAXES!!!

E a gañadora é........





DÍA DO LIBRO (23 de abril)

O PLAN PARA TODA SEMANA....


IF I WERE A BOOK
(Da miña viaxe a París.
Shakespeare & Company.
Regalo de Lidia).


11 abril 2019

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "VIAXA CO TEU LIBRO"


Por fin a entrega de premios do concurso Viaxa co teu libro!!!

E a gañadora  é.......






Noraboa á gañadora!! Os seus compañeiros e compañeiras de clase están moi contentos!!

A biblioteca regaloulle un diploma, recoñecendo o seu traballo.

Pastora ensínanos a súa foto, que foi imprimida en grande para que a levase para a súa casa.

Pastora ensina o premio: un libro de poesía de Elvira Sastre...

...
... e unha brúxula!!! Creo que é un bó recordo do momento.
Grazas, Pastora, por participar!


09 abril 2019

TRAVELLING ARROUND THE WORLD

O noso centro xa viaxou a varios sitios! Que ben encaixa esta exposición no noso tema do ano: AS VIAXES!

De todos eles damos conta con estas fotografías que agora mesmo están expostas no Parnasillo:












XEOMETRÍA NAS VIAXES!!

Estamos alucinados! Resulta que as formas xeométricas están en todas partes: en Valencia, en Granada, en Madrid, en Roma... En calquera dos edificios que podemos visitar nestes lugares atopamos XEOMETRÍA! 

Os alumnos da ESO da profesora María Luisa puideron comprobalo:







25 marzo 2019

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: VIAXA CO TEU LIBRO

Lembrades o concurso de fotografía que está en marcha actualmente na biblioteca?




ESTA SEMANA (DO 25 AO 29 DE MARZO) PODEDES VOTAR NA BIBLIOTECA POLOS QUE MÁIS VOS GUSTEN

Estas son as primeiras fotos que logo podedes elixir!

CATEGORÍA BACHARELATO / CICLOS FORMATIVOS:


1. Sen título (Abril Iglesias Garrido, 1º E, Bach.)

2. "Un doble viaje" (Pastora Romero Paz, 1º E, Bach.)

3. Sen título (Sara Iglesias Rodríguez, 1º E, Bach.)

4. Sen título (Óscar Vidal Domínguez, 1º C, Bach.)

5. "A lectura fai voar a túa imaxinación" (Tania Borrageiros Torres, 1º C, Bach.)

6. "Nowhere" (David Chaves, 1º E, Bach.)
7. "Non é o libro o que nos fai viaxar, senón a persoa que nos recorda ao lelo" (Lara  Durán Canosa, 1º C, Bach.)

8. Sen título (Antón Castro, 1º E, Bach.)

9. "Luces de invierno" (Alba Pereira Pazos, 1º E, Bach.)

10. "Todos los viajes empiezan con un prólogo" (Evelyn Lores, 1º E, Bach.)

11. "Quiero vivir las aventuras de los libros" (Sergio, 1º C, Bach.)

12. "De viaxe no autobús" (Anxo Gómez, 1º C, Bach.)

13. "Una mente necesita un libro como una abeja el polen" (Assia Nichami, 1º C,  Bach.)

14. "Sumérgete en la magia de los libros" (Jennifer López Bolaños, 1º C, Bach.)


15. "La vuelta al mundo en ocho ruedas" (Alba Freijeiro López, 1º E, Bach.)


16. Sen título (Aarón Martínez Rodríguez, 1º E, Bach.)

17. "Alma viajera" (Julia Fariña Iglesias, 1º C, Bach.)
18. Sen título (Pablo Cuesta, 1º C, Bach.)


19. Sen título (Jacobo Gondariz, 1º C, Bach.)