Amosando publicacións coa etiqueta Inglés. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inglés. Amosar todas as publicacións

14 novembro 2025

CEA VEGANA. Instalación artística.

(ACTIVIDADE RELACIONADA COA BIBLIOTECA CREATIVA, A DIFUSIÓN DE TEXTOS LITERARIOS, E A COMPETENCIA LINGÜÍSTICA)

Alumnado de 1º D do Bacharelato de Artes, organizado no ámbito dos Departamentos de Inglés e Debuxo,  expuxeron no corredor do centro una "Cea vegana" cuns invitados moi coñecidos: Mary Shelley, Edgar Allan Poe, Lord Byron e Anxel Fole

Nesta instalación non só había esculturas terroríficas en cada un dos pratos, senón que se escoitaban textos dos autores/a, lidos en inglés ou en galego polo propio alumnado. Adiviñades de onde sacaron os textos? Da Biblioteca, por suposto!! Podedes escoitalo na nosa conta de Instagram!

Quedou xenial!!








27 outubro 2025

BIBLIOTECA CREATIVA: HALLOWEEN ZINES!

(ACTIVIDADE RELACIONADA COA BIBLIOTECA CREATIVA E A BIBLIOTECA COMO LUGAR DE COÑECEMENTO)

Alumnado de 1º de Bacharelato organizou, coa supervisión do Departamento de Inglés, unha exposición de ZINES, que son pequenos libriños coa temática de Halloween no que poñen en práctica o seu dominio da lingua inglesa e as súas facultades artísticas, que son moitas!! 






25 novembro 2024

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


SPOT DO 25 N DE 2024 DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

...................................

Este ano organizáronse varias actividades relacionadas coa reivindicación da 
NON VIOLENCIA MACHISTA no IES A Xunqueira I:

1) "Contra o muro da violencia... as palabras"

2) A árbore do Rumoroso contra a violencia machista

3) As margaridas do 25 N: Je t'aime, I love you. 

4) E na materia de Proxecto Competencial...


1) "CONTRA O MURO DA VIOLENCIA... AS PALABRAS"

Haikus contra a violencia contra a muller, elaborados todos eles por alumnado da ESO. 
Colaboran o Departamento de Debuxo e o Departamento de Galego na organización desta fermosa actividade que loce no corredor do noso centro. 











2) A ÁRBORE DO RUMOROSO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Na Biblioteca, como estes últimos anos, o Rumoroso énchese de mensaxes que a rapazada escribe nas fitas de papel de seda de cor morada. Da gusto velos! 











3) AS MARGARIDAS DO 25 N: JE T'AIME, I LOVE YOU. 

Murais reivindicativos. 
Alumado da ESO, organizado polos departamentos de Lingua inglesa e Lingua francesa, expón estas margaridas co si e o non do amor, cos bos e malos amores, opoñendo, en definitiva, o amor e a violencia. 






4) E NA MATERIA DE PROXECTO COMPETENCIAL, "SOPLÁMOSLLE AO MACHISMO"

Este ano a materia de Proxecto Competencial lévaa o Departamento de Bioloxía. O alumnado da ESO, con motivo do 25N, elaborou carteis con mensaxes para reivindicar este día. A actividade tamén se inscribe no TEMA EIXO deste ano na BIBLIOTECA, "UN MUNDO DE ÁRBORES".