Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2025-26: "MIRADAS REVELADORAS: O AUDIOVISUAL NA BIBLIOTECA"
Na BIBLIOXÚN, desde o Departamento de Lingua Castelá e Literatura e grazas á profesora Cristina, o alumnado de 2º de ESO preparou unhas "mesiñas cuquis" excepcionais para celebrar o DÍA MUNDIAL DA POESÍA: elixiron candanseu poema, de autores e autoras da historia da literatura española, e organizaron unha especie de "amigo invisible", para agasallar ao seu compañeiro ou compañeira coa lectura do poema e cunha creación artística persoal feita con agarimo.
Para conmemorar este DÍA DE ROSALÍA, na biblioteca tivemos unha LECTURA COMPARTIDA de POEMAS ROSALIANOS por parte do profesorado do centro, e acompañamos a lectura con MÚSICA DE ZANFONA grazas ao noso alumno de 1º de Bacharelato, Abel Oliveira. A INTRODUCIÓN ao evento estivo a cargo de Paula Lois, de 4º de ESO. Para mostra, uns "botóns" de vídeos:
Tampouco faltan as nosas BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS!
Escollemos tanto obras de ROSALÍA DE CASTRO coma OBRAS EN GALEGO en todos os campos do saber!!
---O Día Internacional da Muller é unha data que se celebra en moitos países do mundo.
Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferencias étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu día, poden contemplar unha tradición de non menos de noventa anos de loita en pro da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
Este día refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afonda nas suas raíces na loita plurisecular da muller por participar en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, Lísístrata comezou unha folga sexual contra os homes para pór fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisinas que pedían liberdade, igualdade e fraternidade, marcharon cara Versalles para esixir o sufraxio feminino.
A idea dun día internacional da muller surdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un periodo de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.
A Carta das Nacións Unidas, firmada en 1945, foi o primeiro acordo internacional para afirmar o principio de igualdade entre mulleres e homes. Desde ese momento, a ONU axudou a crear un legado histórico de estratexias, normas, programas e obxectivos acordados internacionalmente para mellorar a condición das mulleres en todo o mundo.
Cos anos, a ONU e os seus organismos técnicos promoveron a participación das mulleres en condicións de igualdade cos homes no logro do desenvolvemento sostible, a paz, a seguridade e o pleno respeto dos dereitos humanos. O empoderamento da muller segue a ser un elemento central dos esforzos da Organización para facer fronte aos desafíos sociais, económicos e políticos en todo o mundo.
---Nós, desde a BIBLIOTECA DO IES A XUNQUEIRA I, tamén queremos celebrar o día das mulleres, porque son moitos os rapaces e as rapazas que entenden a importancia desta celebración; mulleres son a maior parte dos cargos directivos este ano no noso centro; muller é a coordinadora da biblioteca, que son eu; mulleres son a maior parte do equipo principal de biblioteca... Porque chegamos a onde chegamos e pola labor inestimábel das mulleres da nosa familia, celebramos este día...
---Na biblioteca volvemos facer unha das nosas PORTAS REIVINDICATIVAS:
Xa vos dixeramos que iamos celebrar o Día de Rosalía xunto co Día Internacional da Muller, porque na cultura galega temos nós a nosa SUPERMULLER particular, Rosalía de Castro e porque representa unha grande parte das nosas reivindicacións do pasado e do presente (http://biblioxun.blogspot.com/2019/02/dia-de-rosalia-24-de-febreiro.html).
Por suposto non quixemos olvidar o cartel que o Concello de Pontevedra presentou para celebra o día, no que aparece un dos personaxes máis auténticos, reivindicativos e representativos da muller "brava" galega, valente, pouco impresionable, que nesta ocasión se pon o traxe de heroína galega, en bata e cun pano na cabeza, para desbrozar o machismo: a Dora, de Luis Davila.
---Como non podía ser doutro xeito, aquí está a nosa MESA DE RECOMENDACIÓNS E NOVIDADES en literatura, esta vez para tódolos gustos e moitas asignaturas: literatura española e universal, literatura galega, novela ilustrada, cómic, ensaio, literatura latina, historia, educación física, filosofía, obra divulgativa sobre o feminismo, historia... ¡Fixádevos nos títulos!
---O noso ITINERARIO LECTOR Nº 9 , por tanto componse dos seguintes títulos:
---E agora, por suposto, a nosa lectura de POEMAS DA NOSA SUPERMULLER ROSALÍA!!!!
Grazas aos profesores e profesoras de Galego, Laureano, María e Mar, ao profesor de música, Miguel, e aos rapaces e rapazas de ESO e Bacharelato que recitaron e tocaron estupendísimamente... Grazas a todos por colaborar coa vosa biblioteca!!! Encantoume celebrar así este día!!
---Temos, igualmente, un enlace para profesores e profesoras: 15 RECURSOS PARA TRABAJAR EL DÍA DE LA MUJER EN EL AULA: