Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións

28 abril 2025

RADIO NA BIBLIO: VISITA DE ARTUR TRILLO ... "NON DRAMATICES... OU SI"

O luns 28 de abril veu visitarnos Artur Trillo, actor, director e autor teatral, fundador do grupo de teatro Talía,  e levou a cabo a segunda charla de formación para a RADIO NA BIBLIO, de novo relacionada co tema deste ano das Bibliotecas Escolares de Galicia ("Bibliotecas escolares, a escena!"), e esta vez titulada "Non dramatices! (Ou si!)".

Por motivos de espazo, levouse a cabo nunha aula do noso centro e non na biblioteca, e asistíu alumnado de 1º ESO D, do Proxecto Competencial.

Grazas, de novo ás profesoras Nazaré (Francés, Proxecto Competencial) e Mercedes (Galego) por facilitar a organización destas charlas. 



28 febreiro 2025

ENTROIDO E NOVIDADES NA BIBLIOXÚN!

Preparámonos para o ENTROIDO que comeza, e no noso instituto xa conta con...

1) "Mesiñas cuquis" na Biblioxún coa temática do entroido.

2) Bibliosuxestións quentiñas a partir das novidades recén mercadas para vós. Xa sabedes: LEVADE PARA LER NAS VACACIÓNS!!

3) E a Festa de Entroido no pavillón!!!

"MESIÑAS CUQUIS" DE ENTROIDO!


AS NOVIDADES!!
Este ano sobre TEATRO!!
(Biblioteca Escolar a Escena!)



"Un mundo de árbores", tema eixo deste curso!!





FESTA DE ENTROIDO NO PAVILLÓN (Grupo de Seráns da Xunqueira)

01 xullo 2017

A miña experiencia có teatro



     É ben sabido por todos que nas clases de literatura un dos xéneros preferidos era o teatro. Todo o mundo sentía certo alivio ao ter unha obra teatral como lectura obrigatoria. Aínda que Shakespeare, Buero Vallejo, Cunqueiro ou Castelao eran nomes que enchían a boca ao pronuncialos, eran moitos os atrevidos que os subestimaban,  empregando como argumento principal que as pezas teatrais eran máis fáciles e levadías á hora de ler. Pero ninguén se atrevía a reflexionar sobre a ardua tarefa que supón levar a cabo unha representación. 
     Este ano tiven a oportunidade de exercer como profesora de prácticas no centro e unha das miñas tarefas consistía en organizar unha representación de Orgullo e Prexuízo co grupo de 3º B. Tras dita representación, todos os involucrados chegamos á mesma conclusión: representar unha das obras máis importantes da literatura universal implica ganas e moito traballo grupal.
      O teatro é unha pequena comunidade, un club privado no que cada membro é imprescindible, debe coordinarse co resto do equipo e desempeña un rol específico: técnico do son, apuntador, creadora de programas de man, escenógrafa ou actriz secundaria, entre outros. Pois, que sería de Romeo se o balcón de Xulieta non estivese colocado correctamente? Que pasaría no baile de Bingley se a música non se correspondera coa época? E se Hamlet entrase en escena ataviado cunha gorra?
Finalmente, un dos aspectos positivos deste traballo foi lograr desmontar moitos dos mitos vinculados a este xénero, pois nin o teatro é tan fácil como semella, nin aprendizaxe e diversión son conceptos opostos. Considero que a miña experiencia no centro foi inmellorable e gustaríame invitar tanto ao grupo de docentes como ao propio alumnado a realizar actividades coma esta no futuro. 

Beatriz Couto Fontenla