Novidades de Entroido!
Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2025-26: "MIRADAS REVELADORAS: O AUDIOVISUAL NA BIBLIOTECA"
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido b>. Amosar todas as publicacións
09 febreiro 2026
28 febreiro 2025
ENTROIDO E NOVIDADES NA BIBLIOXÚN!
Preparámonos para o ENTROIDO que comeza, e no noso instituto xa conta con...
1) "Mesiñas cuquis" na Biblioxún coa temática do entroido.
2) Bibliosuxestións quentiñas a partir das novidades recén mercadas para vós. Xa sabedes: LEVADE PARA LER NAS VACACIÓNS!!
3) E a Festa de Entroido no pavillón!!!
![]() |
| "MESIÑAS CUQUIS" DE ENTROIDO! |
![]() |
| AS NOVIDADES!! Este ano sobre TEATRO!! (Biblioteca Escolar a Escena!) |
![]() |
| "Un mundo de árbores", tema eixo deste curso!! |
![]() |
| FESTA DE ENTROIDO NO PAVILLÓN (Grupo de Seráns da Xunqueira) |
13 febreiro 2021
TAMÉN HAI MOITA MAXIA NO ENTROIDO!
![]() |
| Madamas e galáns de Cobres |
- O Entroido (do latín INTROITUS, 'introducción') é a festa ritual máis importante de Galicia.
![]() |
| Boteiros de Viana do Bolo. |
- Hai dúas grandes teorías para explicar a orixe do Entroido: a primeira xorde do cristianismo, como periodo de licenza antes dos rigores da Coresma; a segunda relaciona esta festa coas antigas mascaradas da invernía que tiñan lugar en Europa antes da chegada do cristianismo, que supoñían levar a cabo unha serie de ritos que permitía expulsar o inverno para que o sol voltara a coller forza e a terra botara os seus froitos. Por iso é unha festa esencialmente rural, e como o proceso de desruralización foi máis tarde en Ourense e en Lugo que nas zonas costeiras, por iso o Entroido tradicional ten alí aínda tanta forza.
![]() |
| Mázcara de Manzaneda |
- Os ritos propiciatorios da primavera, da rexeneración da terra, da fertilidade, vense no uso das fitas de cores de sombreiros, de traxes, o uso dos espellos, os traxes brancos... Son prendas que evocan a natureza, lembran as cores da primavera, o sol vivificador, a luz... Pensemos nas cores e os colares das madamas e os galáns de Cobres, dos Boteiros de Viana do Bolo, nos Vellaróns de Riós, dos volantes do entroido ribeirao; pensemos no branco dos troteiros de Sande ou dos vergalleiros de Sarreaus... Son tamén símbolos rexeneradores o mesmo feito de transformarse, a mestura de sexos, a animalidade: os peliqueiros de Laza, os cigarróns de Verín, as bonitas de Sande (que non son homes nin mulleres, son seres do Alén!), o oso de Salcedo, os galos de San Pedro da Mezquita, as pitas de Ourense...
![]() |
| Cigarróns de Verín |
- Os ritos esconxuradores do mal, das tebras da invernía, vense na presencia dos sons (de chocas, de bombos, de cornos, de campás... que anuncian o inicio do Entroido e expulsan o mal, aquelo que mantén a terra morta) e na presenza do lume, que tamén limpa, purifica, bota fóra o mal. Os fachós de Castro Caldelas, as rodas de lume, dos Ancares, o feito de botar a cinza sobre as terras... son exemplos de ritos ígneos que tamén teñen lugar no Entroido.
![]() |
| Bonitas de Sande |
- O Entroido constitúe, en definitiva, un RITO DE CATARSE: antes de empezar o novo ciclo da primavera ten que existir o CAOS, A TORMENTA, A TRANSGRESIÓN DA ORDE para dar paso á renovación.
- O Entroido é, pois, algo máis que o meramente lúdico ou un momento no que fas o que che da a gana: nestas zonas ten un valor cultural, simbólico, serio e sagrado que nos retrotrae aos nosos ancestros e que é preciso COÑECER PARA CONSERVAR.
A fonte de toda esta información e moitísimos máis datos e simbolismos desta festa tan nosa é o antropólogo Rafael Quintía, do que aprendín un mundo nun curso que acabo de rematar hai uns días.
E como o coñecemento hai que transmitilo, velaí o que extraín para que vós vexades que TAMÉN HAI MAXIA NO ENTROIDO!! E vaia se a hai!!!
21 febreiro 2020
ENTROIDO MOOOI NATURAL!!!
Este ano algunhas profesoras do noso centro (María Jesús, Rosa, Carlota...) pensaron que a mellor temática para disfrazarse neste Entroido de 2020 sería a da NATUREZA!!
Deste modo, fixádevos como resultou este día 21, véspera das vacacións de Entroido:
![]() |
| O profesor de Educación Física, Alexandre! |
![]() |
| Un gnomo espectacular facendo préstamos na biblio!!! |
![]() |
| Toda a rapazada bailando no Salón de Usos Múltiples!! |
![]() |
| A nosa vicedirectora, María Jesús, vestida de xirafa!!! |
![]() |
| Cebras, osos, ratos... |
![]() |
| Un orangután moi moi artístico!!! |
![]() |
| Ademais de animaliños, están os defensores da natureza e da contaminación!!! |
![]() |
| Moito público con ganas de Entroido!!! |
![]() |
| A profesora Rosa, de Matemáticas, invadida de natureza por todo o corpo!!!! |
![]() |
| Un unicornio azul, escapado da canción, foi escoltar a conferencia literaria... |
![]() |
| Extraños seres regueifando na biblioteca!!! |
02 marzo 2019
NOVIDADES NOS ESTANTES DA BIBLIO
Libros novos e outros que se adquiriron hai meses, pero que temos que chamar a atención sobre eles!
| Fixádevos nos libros de narrativa e poesía galega, os cómics, as novelas ilustradas, novidades en literatura xuvenil, obras para traballar en clase coa mitoloxía, algún libro de ciencia, de todo!!! |
| O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!!! Mirade que monográfico editou Sermos Galiza!!! |
14 febreiro 2017
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
































