Amosando publicacións coa etiqueta AMI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AMI. Amosar todas as publicacións

10 marzo 2026

PERIODISMO VS FAKE NEWS

Hoxe tivemos novo relator na Biblioteca: un representante do xornal La Voz de Galicia ("PRENSA ESCUELA"). 

Veu dar unha charla que levaba por título "PERIODISMO VS FAKE NEWS". 

Un grupo de rapaces e rapazas de 2º de ESO asistíu a esta conferencia tan necesaria para estes días, de plena actualidade e fundamental para a educación dun alumnado adolescente que accede sen coñecementos previos ao mundo de internet, das redes ou da intelixencia artificial no que está inmersa a socidade de hoxe en día. 

Esta conferencia forma parrte da formación ALFIN/AMI da Biblioteca e estivo organizado polo profesor Tomás Costal, profesor da materia de Inglés  neste centro.