Amosando publicacións coa etiqueta Fichas de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fichas de lectura. Amosar todas as publicacións

16 xaneiro 2019

FICHAS DE LECTURA (EN INGLÉS)

Dende o Departamento de inglés, e organizada pola profesora Carmina, aquí vos vai unha actividade moi interesante que fixeron os seus alumnos e alumnas: unha exposición na biblioteca de FICHAS DE LECTURA de varias obras en lingua inglesa, das que se nos da información como a seguinte:

-READER DETAILS

-TITLE

-BRIEF AUTHOR BIOGRAPHY

-BRIEF INFORMATION ABOUT THE BOOK

-STORYWORLD DETAILS

-MAIN CHARACTERS

-SUPPORTING CHARACTERS

-PILOT SUMMARY

-PERSONAL OPINION

Toda esta información está recollida nunhas fichas que aquí podedes ver:













Como vedes, o alumnado tivo que votar man da súa capacidade de búsqueda de información, de selección da mesma e de elaboración de cada unha das fichas. Estupendo!

10 decembro 2018

DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS






DEFENDAMOS A EQUIDADE, A XUSTIZA E A DIGNIDADE HUMANA!

  • O día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, coincidindo coa data en que a Asamblea Xeral adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948. Este ano marca o 70 aniversario da Declaración, un documento histórico que proclamou...
...os dereitos inherentes a todos os seres humanos, sen importar...

...a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento nin ningunha outra condición. 

  • É o documento máis traducido do mundo, dispoñible en máis de 500 idiomas.

  • Aquí vos deixamos a edición ilustrada da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, publicada pilas Nacións Unidas; pincha na imaxe:



  • Desde hoxe, e durante toda a semana temos unha exposición de obras que dalgunha ou doutra maneira teñen que ver coa celebración deste día. Moitas destas obras son de recente adquisición:










































O correspondente itinerario lector nº 7 é o seguinte:





  • O martes 11 de decembro,  a profesora Carmina Aguado brindounos a todos os que estábamos na biblioteca información moi interesante acerca de CONCEPCIÓN ARENAL, a legalista, escritora e feminista galega que denunciou a situación nos cárceres de homes e mulleres en España, a miseria das casas de saúde e a condición das mulleres no século XIX. Foi unha muller que, clarisimamente, loitou polos dereitos humanos...





  • Se pulsades sobre a súa imaxe, accederedes á película que sobre Concepción Arenal se fixo desde RTVE, coa magnífica Blanca Portillo como protagonista, da que tamén nos falou a profesora Carmina:

"CONCEPCIÓN ARENAL, LA VISITADORA DE CÁRCELES" 
Durante a exposición, os alumnos recibiron un MARCADOR DE LIBROS especialmente deseñado para a ocasión polo Secretario do noso centro, José Manuel Ramos, e que recollía o segundo artigo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.