DEFENDAMOS A EQUIDADE, A XUSTIZA E A DIGNIDADE HUMANA!
- O día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, coincidindo coa data en que a Asamblea Xeral adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948. Este ano marca o 70 aniversario da Declaración, un documento histórico que proclamou...
...a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento nin ningunha outra condición.
- É o documento máis traducido do mundo, dispoñible en máis de 500 idiomas.
- Aquí vos deixamos a edición ilustrada da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, publicada pilas Nacións Unidas; pincha na imaxe:
- Desde hoxe, e durante toda a semana temos unha exposición de obras que dalgunha ou doutra maneira teñen que ver coa celebración deste día. Moitas destas obras son de recente adquisición:
- O martes 11 de decembro, a profesora Carmina Aguado brindounos a todos os que estábamos na biblioteca información moi interesante acerca de CONCEPCIÓN ARENAL, a legalista, escritora e feminista galega que denunciou a situación nos cárceres de homes e mulleres en España, a miseria das casas de saúde e a condición das mulleres no século XIX. Foi unha muller que, clarisimamente, loitou polos dereitos humanos...
- Se pulsades sobre a súa imaxe, accederedes á película que sobre Concepción Arenal se fixo desde RTVE, coa magnífica Blanca Portillo como protagonista, da que tamén nos falou a profesora Carmina:
"CONCEPCIÓN ARENAL, LA VISITADORA DE CÁRCELES" |