A ESCRITORA DO MES
JANE AUSTEN
Esta escritora inglesa, que morreu antes de cumprir os corenta e dous anos, pois viviu entre 1775 e 1817, deixou unha obra breve, pero importante. Sabemos que comezou a escribir sendo moi nova e que as súas primeiras obras foron rexeitadas polos editores ou mercadas sen intención clara de imprimilas. A raíz da publicación de Sense and Sensibility (Sentido e sensibilidade), que tivo un éxito moderado, en 1811, apareceron Pride and Prejudice (Orgullo e prexuízo), en 1813, Mansfield Park, en 1814, e Emma, en 1815, todas sen o nome da autora. Xa despois da súa morte, en 1817 e 1818 respectivamente, viron a luz Northanger Abbey e Persuasion. Bastante despois déronse a coñecer obras menores da autora, como, por exemplo, Lady Susan, Love and Friendship (Amor e amizade) e The Watsons (Os Watson).

Pulsa a imaxe e mira un vídeo de RTVE sobre Jane Austen. |
Pusa na imaxe e le Lady Susan. |
Pulsa na imaxe e le Amor e amizade. |
Trátase dunha autora que
foi gañando lectores e prestixio conforme foron pasando os anos e as modas. Na
actualidade, considérase un fito orixinal na literatura inglesa: amosa
influencia da narrativa do século XVIII, que ás veces parodia ou satiriza,
afástase bastante do romanticismo do seu tempo –pénsese, por contraste, noutra
gran autora como é Mary Shelley, co seu Frankenstein-
e anuncia o realismo posterior. Na súa obra teñen moitísima importancia os
sentimentos, pero busca sempre un xusto medio entre estes e a razón, entre a
sensibilidade e o sentido.
Pulsa na imaxe e le Orgullo e prexuízo |
Os lectores divídense á hora de elixir unha das súas obras como a mellor –o cal é, dito sexa de paso, unha parvada-, mais parece que na actualidade a preferida é Orgullo e prexuízo. Posiblemente é a máis dinámica e simpática, pero iso depende dos gustos de cadaquén. O certo é que as vivencias das cinco irmás Bennett en busca do amor e dun marido apropiado poden espertar máis dun sorriso. A autora, por medio dun dos seus personaxes preferidos, Elizabeth Bennett, capta moi ben a mentalidade daquela época.
Outra das obras
predilectas dos lectores é Emma, que
presenta outro personaxe feminino inesquecible: a moza mimada, orgullosa de si
mesma, bondadosa, sociable, que só ve o que desexa ver ata que cae no
desengano. Afortunadamente para ela, a Jane Austen non lle debían agradar
demasiado as traxedias, de modo que todo remata felizmente.
Sentido e sensibilidade, ou Sensatez
e sentimento, como se queira traducir, é quizais unha obra máis morosa, que
revela bastante ben a mentalidade da autora, partidaria, como dixemos, do xusto
medio, e contraria ó exceso sentimental –o cal, polo visto, non lle agradou a
Charlotte Brontë. Marianne e Elinor, irmás amantísimas, a pesar das súas
similitudes, son, ó principio, modelos opostos de actitude ante a vida -a
paixón e o sentido común, o ímpetu e a contención- nun ambiente en que
contrastan, así mesmo, a xenerosidade e a tacañería, a sinceridade a a hipocrisía.
Mansfield Park e Persuasión,
con distintos ambientes, presentan unhas protagonistas bastante similares,
namoradas caladamente duns mozos que só ó final comprenden que non poden
prescindir do seu amor. Viven rodeadas de xentes egoístas ás que, non obstante,
procuran axudar. Son tan discretas, que só un trato frecuente fai descubrir a
beleza e as virtudes que atesouran.
Northanger Abbey é, en certo modo, o Quijote de Jane Austen. Como Cervantes parodia os libros de
cabalería, ela búrlase, por medio da súa protagonista, das novelas góticas do
século XVIII, como O monxe, de Lewis,
ou O castelo de Otranto, de Walpole.
Quizais resulta menos lograda que as novelas citadas con anterioridade.
En canto ás demais obras
coñecidas, todas teñen algo da súa alma, aínda que ás veces son ensaios para as
obras posteriores. Lémbrese que Sentido e
sensibilidade ou Orgullo e prexuízo,
con outros títulos, xa recibiran unha primeira versión cando a autora andaba
polos vinte anos ou pouco máis. Talvez a mellor desas primeiras narracións é Lady Susan, que, a diferenza das súas novelas maiores, presenta unha protagonista nada modélica, caracterizada pola
mentira e a ambición.
En fin, velaquí unha gran
autora, desaparecida hai douscentos anos, que aínda é capaz de seducir ós
lectores na actualidade. Na nosa biblioteca, pódense atopar versións dalgunha
das súas obras, ademais da súa versión cinematográfica. Na rede é doado atopar
unha versión dixitalizada dos textos.
Os correspondentes carteis da biblioteca son os seguintes: