Amosando publicacións coa etiqueta Reciclaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reciclaxe. Amosar todas as publicacións

23 abril 2024

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO (23 DE ABRIL)



Durante toda esta semana e a seguinte celebraremos a festa máis importante para a Biblioteca, a que lle da razón de ser: o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO!!

  • O seguinte VÍDEO foi proxectado durante todo o Día do Libro na Biblioteca para lembrarlle ao alumnado a importancia desta celebración:



  • O luns 22 VISITOUNOS A AUTORA IRIA MISA e posteriormente alumnado do Club de Lectura A esmorga fíxolle unha ENTREVISTA NA RADIO!!







  • A BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA e as nosas MESIÑAS CUQUIS non podían faltar:














Eu tamén recibín agasallo do Día do Libro!!













  • Propuxemos a todo o profesorado que participara na recopilación de PODCASTS de RECOMENDACIÓNS E EXPERIENCIAS LECTORAS. Este ano creouse para a RADIO un novo espazo no Parnasillo e levouse a cabo un Curso de Formación do Profesorado no que aprendimos a usar este instrumento tan importante e eficaz para o desenvolvemento das nosas clases. 
    • Remitimos ao blog da biblioteca para acceder á ligazón de IVOOX, onde está aloxada a RADIO RA e as recomendacións que se vaian facendo. 


  • Parte do expurgo, que continuamente facemos na biblioteca, aproveitouno o alumnado de 1º de Bacharelato para RECICLAR e CREAR OBRAS DE ARTE magníficas. Grazas, Blanca, profesora do Departamento de Debuxo, por organizar esta actividade tan fermosa!
 





















  • "SENTIMENTARTE: A VISIÓN CREATIVA A TRAVÉS DUN POEMA" foi tamén un proxecto precioso para o Día do Libro, organizado polos Departamentos de Lingua castelá e Literatura (profesora Cristina) e o Departamento de Debuxo (profesor Joaquín). Neste proxecto alumnado de 2º de ESO escollía e lía un poema, e alumnado de 1º de Bacharelato ilustraba dous dos poemas seleccionados e a continuación explicaban a técnica empregada, a forma e o significado da creación artística correspondente. Interesantísimo!! Aprendemos moito con estes rapaces e rapazas!