Amosando publicacións coa etiqueta tema eixo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tema eixo. Amosar todas as publicacións

25 novembro 2024

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


SPOT DO 25 N DE 2024 DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

...................................

Este ano organizáronse varias actividades relacionadas coa reivindicación da 
NON VIOLENCIA MACHISTA no IES A Xunqueira I:

1) "Contra o muro da violencia... as palabras"

2) A árbore do Rumoroso contra a violencia machista

3) As margaridas do 25 N: Je t'aime, I love you. 

4) E na materia de Proxecto Competencial...


1) "CONTRA O MURO DA VIOLENCIA... AS PALABRAS"

Haikus contra a violencia contra a muller, elaborados todos eles por alumnado da ESO. 
Colaboran o Departamento de Debuxo e o Departamento de Galego na organización desta fermosa actividade que loce no corredor do noso centro. 











2) A ÁRBORE DO RUMOROSO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Na Biblioteca, como estes últimos anos, o Rumoroso énchese de mensaxes que a rapazada escribe nas fitas de papel de seda de cor morada. Da gusto velos! 











3) AS MARGARIDAS DO 25 N: JE T'AIME, I LOVE YOU. 

Murais reivindicativos. 
Alumado da ESO, organizado polos departamentos de Lingua inglesa e Lingua francesa, expón estas margaridas co si e o non do amor, cos bos e malos amores, opoñendo, en definitiva, o amor e a violencia. 






4) E NA MATERIA DE PROXECTO COMPETENCIAL, "SOPLÁMOSLLE AO MACHISMO"

Este ano a materia de Proxecto Competencial lévaa o Departamento de Bioloxía. O alumnado da ESO, con motivo do 25N, elaborou carteis con mensaxes para reivindicar este día. A actividade tamén se inscribe no TEMA EIXO deste ano na BIBLIOTECA, "UN MUNDO DE ÁRBORES".























30 xaneiro 2024

DÍA INTERNACIONAL DA CONMEMORACIÓN DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO + DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Annette Cabelli, superviviente de Auschwitz


  • DÍA INTERNACIONAL DA CONMEMORACIÓN DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO + DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
    • LIGAZÓNS INSTERESANTES:
    • BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA + LISTA NO KOHA:













  • BOOKSTUBERS A PARTIR DAS BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS:
          
Belem e Sara recomendan...

Aitana e Sara recomendan...

Uxía e Sabela recomendan...


Elba e Uxía recomendan...


Samuel e Guille recomendan...


Daniel e Hugo recomendan...


Shaila e Sara recomendan...


Irati e André recomendan...


Eva e Ariadna recomendan...


Noelia e Óscar recomendan...

  • CHARLA SOBRE OS GALEGOS EN MAUTHAUSEN: "De Galicia a Mauthausen"
         -Data: venres 2 de febreiro de 2024.
         -Dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato e de 4ª da ESO








  • MURAL NO CORREDOR DO CENTRO: PLEASE, PEACE!
          -Biblioteca creativa: actividade levada a cabo por alumnado de ESO e Bacharelato, nas respectivas materias do Departamento de Debuxo. O mural forma parte das actividades en torno ao tema eixo da biblioteca deste ano, "Xogar na biblioteca escolar"


  • CARTEIS PARA O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ. PRÁCTICAS CON CANVA
        -Desde o Departamento de Lingua castelá e Literatura, obradoiro de carteis para conmemorar o día a partir do uso do programa CANVA.