Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOSUXESTIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOSUXESTIÓNS. Amosar todas as publicacións

11 maio 2026

DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 DE MAIO)

Na Semana das Letras Galegas, a Biblioxún ofrece unha suxestión lectora no seu estante central.

Algunhas das nosas novidades para este importante día xiran en torno á figura de BEGOÑA CAAMAÑO, a autora homenaxeada este ano:

 















23 abril 2026

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2026

O xoves 23 de abril, durante o recreo celebramos na biblioteca un ano máis da nosa efeméride máis especial, O Día Internacional do Libro. Houbo moita variedade de actividades: Bibliosuxestión lectora, Lectura compartida e creacións artísticas diversas (blackouts, caligramas e ilustracións de poemas coa súa lectura incorporada nun código qr). A continuación, mostrámosvos cada unha delas e deixámosvos algunha imaxe representativa: 

  • LECTURA COMPARTIDA. 
A actividade de lectura compartida foi, nesta ocasión, de poemas en lingua galega e lingua castelá, tanto de autores e autoras clásicos coma os máis modernos e con temáticas moi actuais. A lectura compartíuse entre alumnado de 1º de ESO e o resto do centro, incluido profesorado. Tivemos presentadora, que foi introducindo cada poema, indicando a temática, o autor e a obra; e tivemos un grupo de lectores e lectoras, que, con moita delicadeza, declamaron cadanseu texto. Outro feito interesante nesta lectura compartida foi, por unha banda, o acompañamento de Enzo, un alumno de 4º de ESO, que tocou a guitarra para ambientar este evento, e por outra, a participación e axuda intestimable de Mar, a intérprete de signos, que este ano está no noso centro para acompañar a Miriam, a cal, por suposto, tamén interpretou como fin de festa, para todos e todas o poema "¿Qué es poesía?", de Gustavo Adolfo Bécquer. 

















Un dos momentos máis bonitos do recital:
cando Miriam recitou en lingua de signos "¿Qué es poesía?,
de Gustavo Adolfo Bécquer!!




  • BLACKOUTS E CALIGRAMAS
Poesía e imaxe xúntanse nestes traballos de 1º de ESO...














  • BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA: