O xoves 23 de abril, durante o recreo celebramos na biblioteca un ano máis da nosa efeméride máis especial, O Día Internacional do Libro. Houbo moita variedade de actividades: Bibliosuxestión lectora, Lectura compartida e creacións artísticas diversas (blackouts, caligramas e ilustracións de poemas coa súa lectura incorporada nun código qr). A continuación, mostrámosvos cada unha delas e deixámosvos algunha imaxe representativa:
- BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA.
- LECTURA COMPARTIDA. A actividade de lectura compartida foi, nesta ocasión, de poemas en lingua galega e lingua castelá, tanto de autores e autoras clásicos coma os máis modernos e con temáticas moi actuais. A lectura compartíuse entre alumnado de 1º de ESO e o resto do centro, incluido profesorado. Tivemos presentadora, que foi introducindo cada poema, indicando a temática, o autor e a obra; e tivemos un grupo de lectores e lectoras, que, con moita delicadeza, declamaron cadanseu texto. Outro feito interesante nesta lectura compartida foi o acompañamento da guitarra grazas á colaboración dun alumno de 4º de ESO, que tocou a guitarra para ambientar este evento.
![]() |
| Un dos momentos máis bonitos do recital: cando Miriam recitou en lingua de signos "¿Qué es poesía?, de Gustavo Adolfo Bécquer!! |





























