Amosando publicacións coa etiqueta Troca de libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Troca de libros. Amosar todas as publicacións

15 marzo 2026

SALÓN DO LIBRO 2026!!

O SALÓN DE LIBRO DE PONTEVEDRA deste ano 2026 foi motivo para o desenvolvemento de varias actividades, dentro do equipo de Biblioteca e o Club de Lectura
  • Domingo 15 de marzo: 
    • TROCA DE LIBROS: Coma todos os anos, participamos nesta magnífica iniciativa de varios centros e ANPAS de Pontevedra, que consiste en intercambiar libros usados e darlle unha segunda vida a moitas obras. 
O director e parte do equipo de Biblioteca / Club de Lectura.


Xornada de moito éxito!


  • Luns 16 de marzo: 
    • Xuntanza dos CLUBS DE LECTURA no Salón do Libro de Pontevedra e charla co músico Mondra.
  • Martes 17 de marzo:
    • Encontro do Club de Lectura Manga coas autoras de Idol, unha delas antiga alumna do noso centro, Alba Chan.
  • Mércores 18 de marzo:
    • O autor Nee Barros fálalles ao Club de Lectura Feminista/LGTBI+ da súa tradución ao galego da coñecidísima obra Heartstopper.

Con Orbil, a mascota do Salón

Con Mondra


Coas autoras de Idol





Con Nee Barros



30 marzo 2025

TROCA DE LIBROS (Salón do libro)

Este ano o IES A Xunqueira I 

participou tamén na TROCA DE LIBROS 2025

Foi todo un éxito! Quedamos sen libro ningún! 

Sempre é un pracer colaborar nesta 

FEIRA DO LIBRO USADO 

no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Grazas ao Salón do Libro de Pontevedra por acollernos 

e grazas a todos os profes que madrugaron o domingo 

para participar nesta actividade cultural tan bonita!












10 marzo 2024

TROCA DE LIBROS no SALÓN DO LIBRO

Todos os anos, dentro do SALÓN DO LIBRO de Pontevedra (este ano entre o 1 e o 17 de marzo) celébrase a TROCA DE LIBROS, evento organizado polo IES Torrente Ballester, de Pontevedra, e no que poden participar as ANPAS e os centros que queiran

Trátase de que os rapaces e rapazas traian libros, que serán cambiados por vales, que logo levarán á troca para escoller os libros correspondentes segundo os vales que teñan. Xúntase moitísima rapazada e de verdade que gozan desta actividade observando o que cada centro ofrece nos seus postos e pensando que poderán levar para seguir gozando coa lectura en cadansúa casa. 

Nós non podiamos perdernos estar aquí neste marabilloso evento cultural imprescindible nestas datas.