Estas semanas recibimos ao alumnado de 1.º de ESO nas nosas xornadas de formación de novos usuarios e usuarias da Bilioteca.
Durante a visita explicámoslles o funcionamento da biblioteca e o noso tema eixo: «Biblioteca líquida: a auga». Exploraron as diferentes zonas da biblioteca: a central, o Parnasillo, terraza...
Descubriron como buscar libros interpretando as etiquetas cunha dinámica en grupos seguindo as pistas dunhas tarxetas, tendo que localizar entre os andeis os libros asignados.
Ademais, a formación incluiu a presentación da biblioteca dixital E-LBE.2, explicándolles o seu funcionamento e facendo entrega das contrasinais de acceso a cada alumno e alumna para que poidan acceder ás lecturas tamén dende a casa.
A verdade é que traballamos moito e pasámolo en grande! Agardamos vervos moi pronto e moi a miúdo entre os andeis da biblioteca. 🎒📚









