Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía (24 de febreiro). Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía (24 de febreiro). Amosar todas as publicacións

13 febreiro 2021

ROSALÍA XOGA NA XUNQUEIRA I!

  • Coma todos os anos, temos un recunchiño para lembrar a ROSALÍA DE CASTRO na nosa biblioteca:





  • Pero este ano, ademais, damos conta da seguinte actividade: 

Alumnado de 2º de ESO, da man da profesora de Galego, Raquel Martiz, confeccionou unha volta do popular pasapalabra, co adaxo do 184 aniversario de Rosalía de Castro, que se conmemora este 24 de febreiro

Para festexar a efeméride, que mellor que afondar un chisco na biografía da autora de Cantares Gallegos e Follas Novas xogando!




As catro clases de segundo apostamos por unha actividade lúdica e creamos unha rosca do pasapalabra, que permite enredar mentres adquirimos pequenos saberes sobre detalles da vida e obra da nosa meirande escritora. 

A este pracer de xogar, sumámoslle o de poder compartilo con todo o mundo na inmensidade da rede e velaquí o está: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/8259346-a_roda_rosaliana.html

O sitio web da Fundación da poeta, https://rosalia.gal/, supuxo a principal ferramenta de traballo que usamos para extraer a información coa que elaboramos as vinte e tres preguntas para cadansúa letra do noso alfabeto. Agardamos que vos preste!

Con esta nosa proposta, respondemos, modestamente, ao chamamento que cada ano fan, tanto a devandita Fundación Rosalía de Castro, como a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para conmemorar o Día de Rosalía de Castro.

Cantarte hei, Galicia,

na lengua gallega,

consolo dos males,

alivio das penas.


Cantares gallegos, 1863


Máis información sobre o Día de Rosalía picando nos seguintes enlaces:



#rdc_2021 #TeusDocesCantares

Na bibloxun estamos encantados/as 
con esta marabillosa actividade de Galego!!! 
Que sexan moitas máis!!!

08 marzo 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 de marzo)

---O Día Internacional da Muller é unha data que se celebra en moitos países do mundo. 
Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferencias étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu día, poden contemplar unha tradición de non menos de noventa anos de loita en pro da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

Este día refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afonda nas suas raíces na loita plurisecular da muller por participar en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, Lísístrata comezou unha folga sexual contra os homes para pór fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisinas que pedían liberdade, igualdade e fraternidade, marcharon cara Versalles para esixir o sufraxio feminino.

A idea dun día internacional da muller surdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un periodo de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.

A Carta das Nacións Unidas, firmada en 1945, foi o primeiro acordo internacional para afirmar o principio de igualdade entre mulleres e homes. Desde ese momento, a ONU axudou a crear un legado histórico de estratexias, normas, programas e obxectivos acordados internacionalmente para mellorar a condición das mulleres en todo o mundo.

Cos anos, a ONU e os seus organismos técnicos promoveron a participación das mulleres en condicións de igualdade cos homes no logro do desenvolvemento sostible, a paz, a seguridade e o pleno respeto dos dereitos humanos. O empoderamento da muller segue a ser un elemento central dos esforzos da Organización para facer fronte aos desafíos sociais, económicos e políticos en todo o mundo.

(Extraído de http://www.un.org/es/events/womensday/history.shtml)
****************************************
---Nós, desde a BIBLIOTECA DO IES A XUNQUEIRA I, tamén queremos celebrar o día das mulleres, porque son moitos os rapaces e as rapazas que entenden a importancia desta celebración; mulleres son a maior parte dos cargos directivos este ano no noso centro; muller é a coordinadora da biblioteca, que son eu; mulleres son a maior parte do equipo principal de biblioteca... Porque chegamos a onde chegamos e pola labor inestimábel das mulleres da nosa familia, celebramos este día...















---Na biblioteca volvemos facer unha das nosas PORTAS REIVINDICATIVAS:






Xa vos dixeramos que iamos celebrar o Día de Rosalía xunto co Día Internacional da Muller, porque na cultura galega temos nós a nosa SUPERMULLER particular, Rosalía de Castro e porque representa unha grande parte das nosas reivindicacións do pasado e do presente (http://biblioxun.blogspot.com/2019/02/dia-de-rosalia-24-de-febreiro.html).

Por suposto non quixemos olvidar o cartel que o Concello de Pontevedra presentou para celebra o día, no que aparece un dos personaxes máis auténticos, reivindicativos e representativos da muller "brava" galega, valente, pouco impresionable, que nesta ocasión se pon o traxe de heroína galega, en bata e cun pano na cabeza, para desbrozar o machismo: a Dora, de Luis Davila. 


---Como non podía ser doutro xeito, aquí está a nosa MESA DE RECOMENDACIÓNS E NOVIDADES en literatura, esta vez para tódolos gustos e moitas asignaturas: literatura española e universal, literatura galega, novela ilustrada, cómic, ensaio, literatura latina, historia, educación física, filosofía, obra divulgativa sobre o feminismo, historia... ¡Fixádevos nos títulos!





---O noso ITINERARIO LECTOR Nº 9 , por tanto componse dos seguintes títulos:





---E agora, por suposto, a nosa lectura de POEMAS DA NOSA SUPERMULLER ROSALÍA!!!!


Grazas aos profesores e profesoras de Galego, Laureano, María e Mar, ao profesor de música, Miguel, e aos rapaces e rapazas de ESO e Bacharelato que recitaron e tocaron estupendísimamente... Grazas a todos por colaborar coa vosa biblioteca!!! Encantoume celebrar así este día!!
---Temos, igualmente, un enlace para profesores e profesoras: 15 RECURSOS PARA TRABAJAR EL DÍA DE LA MUJER EN EL AULA:

---Non olvidemos, por favor, as nosas mulleres da sección O AUTOR/A DO MES:
Irmáns Brönte:
Jane Eire:


---Agora, algo de MÚSICA...

Ses: Non son fada nin princesa



Rozalén: Las hadas existen.



De Vacas: Rexurdimente.


Rozalén y Marwan: Conviene saber.


Rosalía: Malamente.


Ana Belén: Mujer valiente (letra de Rozalén).



Bebe: Ella.


Chambao: Hoy puede ser un gran día (letra de Serrat).

24 febreiro 2019

DÍA DE ROSALÍA (24 de febreiro)

Cartel da 2ª edición do Festival Rosalía que se celebrou na Coruña o ano pasado.
É SuperRosalía, creada pola ilustradora Xiana Iglesias,
que pretendía mostrar a unha Rosalía forte, combativa e loitadora polos dereitos das mulleres.

Gustoume moitísimo o cartel de Xiana Iglesias, e penso que este ano ímolo ter na nosa biblioteca sexa onde sexa, entre outras razóns porque temos pensado facer unha conmemoración conxunta do Día de Rosalía e do Día da Muller, que vos parece? Que mellor que unha supermuller galega que o represente todo!!! 

Xa vos iremos contando!!!


Pero antes de nada... 

1. CANTO SABES DE ROSALÍA DE CASTRO? Pincha na imaxe de SuperRosalía!!!

2. ¿QUE FAN NO DÍA DE ROSALÍA O RESTO DOS CENTROS DE BIBLIOTECAS DE GALICIA? Pincha aquí:

3. A artista galega MJ PÉREZ homenaxea a Rosalía de Castro cantando o poema "CASTELLANOS DE CASTILLA" SOBRE O TEMA "MALAMENTE" da cantante catalana Rosalía. Pinchade aquí: