Amosando publicacións coa etiqueta Literatura Universal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura Universal. Amosar todas as publicacións

07 marzo 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 DE MARZO)


As seguintes actividades viñeron a conmemorar o 
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER:
  • ITINERARIO LECTOR Nº 8: COEDUCACIÓN. 
    • Xa a coñecedes, esta nova BIBLIOSUXESTIÓN lectora inclúe, por suposto, a VISIBILIZACIÓN DAS MULLERES NA HISTORIA, o FEMINISMO e a temática da NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
    • http://biblioxun.blogspot.com/2020/02/coeducacion-novas-adquisicions-na.html
    • Toda a biblio está cheíña de libros sobre mulleres, sobre o seu papel na historia, sobre os seus logros, coma unha metade da población que non se valorou públicamente todo o que debera. Por iso se celebran días coma estes!
  • UN ARTIGO DO NÓS DIARIO, UNHA MESA CON LIBROS DA BIBLIO (venres 5):
    • A profesora Lorena, de Galego, tróuxonos á biblio un artigo interesantísimo sobre propostas lectoras para a conmemoración deste día. Con estas propostas fixemos a nosa propia mesiña especial o último día de clase antes do 8 de marzo



  • LECTURA COMPARTIDA (Mércores 4 e xoves 5).
    • Alumnado de 1º E de Bacharelato, na clase de LITERATURA UNIVERSAL, leva a cabo una lectura de pequenas biografías, mesmo seleccionan párrafos interesantes dos seus discursos máis significativos. A bibliografía empregada estaba na biblioteca, na súa maior parte: 


















  • LECTURA COMPARTIDA (Venres 6, no recreo).
    • Alumnado de 2º da ESO comezou o conxunto de sesións adicadas a GRETA  THUNBERG, unha rapaza que desempeña unha importante labor na concienciación sobre o COIDADO DO MEDIO
    • Incluíuse esta lectura compartida, organizada pola profesora Rosa de Matemáticas, esta semana, para conmemorar a importancia de diversas mulleres na historia, pero tamén formaría parte das actividades relacionadas coa NATUREZA, como tema eixo deste ano na biblioteca.
















  • VÍDEOS  NA BIBLIOTECA: 
    • A profesora Carmina, de Inglés, traballou co seu alumnado de 2º D e E de Bacharelato estes dous vídeos acerca dun grupo de MULLERES PERCEBEIRAS, o cal non é nada habitual atopar, posto que se trata dunha profesión eminentemente masculina. Estas mulleres toman en serio o seu traballo e levan a cabo unha das labores máis perigosas e ao mesmo tempo bonitas e representativas de Galiza e dos galegos e galegas.

  • EXPOSICIÓN NO PARNASILLO: 
    • Organizada polo Consello de Igualdade do IES A Xunqueira I, baixo a supervisión da profesora Elena, titulada “Días de voda”.


14 febreiro 2020

AMORES DIVERSOS (14 de febreiro)

En Literatura Universal propuxemos unha actividade para clase, que nos servíu, aquí na biblioteca, para festexar o Día dos namorados, que hoxe demos en chamar: 

DÍA DOS AMORES DIVERSOS!!

O alumnado fixo uns decálogos imitando o de Andreas Capellanus, De amore:














Por suposto, con estes traballos van incluidas PROPOSTAS LECTORAS, moitas foron suxestións de alumnos e alumnas do noso centro: