As seguintes actividades viñeron a conmemorar o
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER:
- ITINERARIO LECTOR Nº 8: COEDUCACIÓN.
- Xa a coñecedes, esta nova BIBLIOSUXESTIÓN lectora inclúe, por suposto, a VISIBILIZACIÓN DAS MULLERES NA HISTORIA, o FEMINISMO e a temática da NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
- http://biblioxun.blogspot.com/2020/02/coeducacion-novas-adquisicions-na.html
- Toda a biblio está cheíña de libros sobre mulleres, sobre o seu papel na historia, sobre os seus logros, coma unha metade da población que non se valorou públicamente todo o que debera. Por iso se celebran días coma estes!
- UN ARTIGO DO NÓS DIARIO, UNHA MESA CON LIBROS DA BIBLIO (venres 5):
- A profesora Lorena, de Galego, tróuxonos á biblio un artigo interesantísimo sobre propostas lectoras para a conmemoración deste día. Con estas propostas fixemos a nosa propia mesiña especial o último día de clase antes do 8 de marzo:
- LECTURA COMPARTIDA (Mércores 4 e xoves 5).
- Alumnado de 1º E de Bacharelato, na clase de LITERATURA UNIVERSAL, leva a cabo una lectura de pequenas biografías, mesmo seleccionan párrafos interesantes dos seus discursos máis significativos. A bibliografía empregada estaba na biblioteca, na súa maior parte:
- BOOKFACES:
- A profesora Carlota de Francés preparou co seu alumnado máis novo uns BOOKFACES, aproveitando algúns libros da biblioteca. De entre eles, seleccionamos os de PROTAGONISTA FEMININA:
- https://www.instagram.com/p/B9glWv3oKYZ/
- https://www.instagram.com/p/B9ZV3n5CtxJ/
- https://www.instagram.com/p/B9ZWIXgiNLW/
- https://www.instagram.com/p/B9ZWU8LCOGu/
- LECTURA COMPARTIDA (Venres 6, no recreo).
- Alumnado de 2º da ESO comezou o conxunto de sesións adicadas a GRETA THUNBERG, unha rapaza que desempeña unha importante labor na concienciación sobre o COIDADO DO MEDIO.
- Incluíuse esta lectura compartida, organizada pola profesora Rosa de Matemáticas, esta semana, para conmemorar a importancia de diversas mulleres na historia, pero tamén formaría parte das actividades relacionadas coa NATUREZA, como tema eixo deste ano na biblioteca.
- VÍDEOS NA BIBLIOTECA:
- A profesora Carmina, de Inglés, traballou co seu alumnado de 2º D e E de Bacharelato estes dous vídeos acerca dun grupo de MULLERES PERCEBEIRAS, o cal non é nada habitual atopar, posto que se trata dunha profesión eminentemente masculina. Estas mulleres toman en serio o seu traballo e levan a cabo unha das labores máis perigosas e ao mesmo tempo bonitas e representativas de Galiza e dos galegos e galegas.
- EXPOSICIÓN NO PARNASILLO:
- Organizada polo Consello de Igualdade do IES A Xunqueira I, baixo a supervisión da profesora Elena, titulada “Días de voda”.