05 marzo 2020

"ÁRBORES ESQUELETO" E "ANIMAIS EN LIÑA"


DÚAS ACTIVIDADES levadas a cabo durante o segundo trimestre por alumnado de 1º de Bacharelato e dirixido pola profesora Blanca, de Debuxo:

“Árbores esqueleto”

A modo de exame, o alumnado nun espazo de tempo moi curto (seis sesións) tiña que realizar unha estrutura sinxela e non demasiado grande (25 cm de altura, aproximadamente) dunha árbore, e traballar a copa de xeito imaxinativo e absolutamente particular.



“Animais en liña”

Partindo do arame como material para a execución do traballo, o alumnado tiña que esquematizar unha imaxe dun animal para poder pasar dun debuxo a liña a unha figura tridimensional. Foi un traballo individual que lles creou bastantes dificultades.