Amosando publicacións coa etiqueta Tendal de aniversarios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tendal de aniversarios. Amosar todas as publicacións

15 abril 2025

O TENDAL DOS ANIVERSARIOS

Coma todos os anos, na nosa Biblioxún, tendemos a roupa e penduramos do tendal as imaxes dalgúns autores e autoras que este ano 2025 celebran o seu aniversario de nacemento ou falecemento. 

Con tal motivo, podedes ler poemas ou fragmentos narrativos que teñen que ver coas árbores, buscando a relación co tema eixo deste ano na biblioteca, "UN MUNDO DE ÁRBORES". 

Podedes ver un vídeo nesta ligazón de Instagram: https://www.instagram.com/p/DI5vz4WMoNu/ 



06 febreiro 2023

O TENDAL DA BIBLIOXÚN!

Coma todos os anos, a principios de ano renovamos o noso marabilloso tendal de aniversarios

Fixádevos a cantidade de escritores, escritoras, pintores, artistas e xente que merece lembrarse

como persoeiros fundamentais na nosa cultura!!

Témolos aquí, no teito da BIBLIOXÚN!!













03 febreiro 2022

O tendal dos aniversarios!

Fixádevos cantos persoeiros e cantas obras están de aniversario este ano 2022.

Seguramente faredes traballos ou exposicións de autores coma Joyce, Moliére, Proust ou Saramago; falaranvos dalgunha peli significativa na historia do cine coma O Padriño; ou gozaredes da lectura de poemas de Eliot, César Vallejo ou Gabriela Mistral, entre outros...

Mirade que bonito quedou!








......................................................................



Bibliosuxestión: José Saramago.

Bibliosuxestión: Almudena Grandes

01 febreiro 2021

"O TENDAL DOS ANIVERSARIOS"

 MIRADE O QUE HAI COLGADO NO TENDAL DO FONDO DA BIBLIOTECA!!!

ANIVERSARIOS PARA TODO O ANO!!!