Amosando publicacións coa etiqueta efemérides. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta efemérides. Amosar todas as publicacións

01 febreiro 2021

"O TENDAL DOS ANIVERSARIOS"

 MIRADE O QUE HAI COLGADO NO TENDAL DO FONDO DA BIBLIOTECA!!!

ANIVERSARIOS PARA TODO O ANO!!!









05 febreiro 2020

EXPOSICIÓN SOBRE ISAAC ASIMOV. 100 ANOS DO SEU NACEMENTO.

Desde hoxe temos unha exposición sobre o escritor de CIENCIA FICCIÓN ruso, ISAAC ASIMOV

Xa sabedes que este ano 2020 celébrase o 100º aniversario do seu nacemento.

Achegádevos á biblio e poderedes levar algún destes libros en préstamo. 

Por certo, todos pertencen ao noso secretario e profesor de matemáticas J. M. Ramos, que nolos cede provisionalmente. 

Grazas!!











13 xaneiro 2020

EFEMÉRIDES PARA TODO O ANO!

Nova decoración na biblioteca!

Esta vez ten que ver con algunhas efemérides de artistas de diversos ámbitos. O ano 2020 dá para celebrar moitísimas cousas, mesmo se abarca o curso que vén!

Os 100 anos do nacemento de Isaac Díaz Pardo.
Os 100 anos da morte de Benito Pérez Galdós.

Os 100 anos do nacemento de Miguel Delibes.
Os 100 anos da publicación do 1º número da revista Nos.

Os 100 anos do nacemento de Isaac Asimov.


Os 100 anos do nacemento de Gianni Rodari.

Os 250 anos do nacemento de L. V. Beethoven. 
Os 200 anos do nacemento de CONCEPCIÓN ARENAL

12 setembro 2019

O TEMA EIXO DA BIBLIOTECA E AS EFEMÉRIDES DO 1ª TRIMESTRE


Jardin des Plantes (París)

Profesores/as, se estades pensando cara onde orientar as ACTIVIDADES DE COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA, as lecturas trimestrais ou o tratamento dos contidos transversais, aquí vos deixamos as efemérides do trimestre máis interesantes:

1º) A NATUREZA (Tema eixo da biblioteca deste ano).

2º) EFEMÉRIDES DO 1º TRIMESTRE:

  • Día das escritoras (16 de outubro). 
  • Día da biblioteca (24 de outubro). 
  • O Samaín (outubro-novembro). 

  • Día mundial da ciencia (10 de novembro). 
  • Día mundial da filosofía (3º xoves de novembro). 
  • Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro). 

  • Día da Declaración Universal de Dereitos Humanos (10 de decembro). 

10 decembro 2018

DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS






DEFENDAMOS A EQUIDADE, A XUSTIZA E A DIGNIDADE HUMANA!

  • O día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, coincidindo coa data en que a Asamblea Xeral adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948. Este ano marca o 70 aniversario da Declaración, un documento histórico que proclamou...
...os dereitos inherentes a todos os seres humanos, sen importar...

...a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento nin ningunha outra condición. 

  • É o documento máis traducido do mundo, dispoñible en máis de 500 idiomas.

  • Aquí vos deixamos a edición ilustrada da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, publicada pilas Nacións Unidas; pincha na imaxe:



  • Desde hoxe, e durante toda a semana temos unha exposición de obras que dalgunha ou doutra maneira teñen que ver coa celebración deste día. Moitas destas obras son de recente adquisición:










































O correspondente itinerario lector nº 7 é o seguinte:





  • O martes 11 de decembro,  a profesora Carmina Aguado brindounos a todos os que estábamos na biblioteca información moi interesante acerca de CONCEPCIÓN ARENAL, a legalista, escritora e feminista galega que denunciou a situación nos cárceres de homes e mulleres en España, a miseria das casas de saúde e a condición das mulleres no século XIX. Foi unha muller que, clarisimamente, loitou polos dereitos humanos...





  • Se pulsades sobre a súa imaxe, accederedes á película que sobre Concepción Arenal se fixo desde RTVE, coa magnífica Blanca Portillo como protagonista, da que tamén nos falou a profesora Carmina:

"CONCEPCIÓN ARENAL, LA VISITADORA DE CÁRCELES" 
Durante a exposición, os alumnos recibiron un MARCADOR DE LIBROS especialmente deseñado para a ocasión polo Secretario do noso centro, José Manuel Ramos, e que recollía o segundo artigo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.