Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións

23 marzo 2026

DÍA DE PI (14/3/26): XOGOS NA BIBLIOTECA!!

Alumnado de 1º de ESO participou na conmemoración da SEMANA DO NÚMERO PI coa visita á biblioteca, onde lle esperaban un montón de xogos matemáticos. 

Os rapaces e rapazas romperon a cabeza buscando a solución a diversas situacións de xogo complicadas que tiveron que resolver. Combináronse xogos individuais e colectivos e todos tiveron a ocasión de probalos todos ou case todos. 

Por suposto, a actividade completouse cunha serie de "mesiñascuquis" e un "estante central" cheo de bibliosuxestións lectoras de obras de temática matemática. 

BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS!






MESIÑAS CUQUIS!





A PARTIR DESTA FOTO,
MOSTRÁMOSVOS AS ACTIVIDADES DO ALUMNADO 
NESTE DÍA DE PI!!


























11 febreiro 2026

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Organizado pola profesora María, de Matemáticas, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO no recreo expuxo as súas BIOGRAFÍAS DE MULLERES CIENTÍFICAS, que foron recibidas polo alumnado que asistíu ese día á biblioteca. 

As exposicións foron moi interesantes, a formación neste aspecto é aínda mellor... Acompañamos esta por unha bibliosuxestión lectora, que non pode faltar, de mulleres que escriben obras de ciencia.

  • BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA: 






  • LECTURA COMPARTIDA: