Amosando publicacións coa etiqueta Tema eixo da biblioteca: Publicidade e comunicación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tema eixo da biblioteca: Publicidade e comunicación. Amosar todas as publicacións

30 maio 2022

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DO BACHARELATO ARTÍSTICO (1º / 2º)

Mirade que preciosidade de exposición fixo a profesora Blanca no Parnasillo a partir do traballo feito este ano polo alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, na modalidade de Artes. 

Quero chamar especialmente a atención sobre a cartelería publicitaria que se recolle nesta exposición e que cobra especial relevancia dentro do tema eixo deste ano na biblioteca, Publicidade e comunicación. 
















EVERYBODY IS ALICE!

Alumnado de 4º da ESO elaborou, na materia de Inglés e guiado pola profesora Bea, uns carteis publicitarios de Alice in Wonderland, a partir duns capítulos seleccionados da obra de Lewis Carroll. Os carteis puxémolos na biblioteca para que todos/as gocedes deles. 

Ademáis, fixeron uso da radio da biblio para gravar uns podcasts nos que se falaba do capítulo da obra,  texto que alternaba coa transmisión da correspondente publicidade. 

Quedou xenial! 




FICTIONAIRE DE LA PUB!!

Alumnado de 1º da ESO, na materia de Francés e guiado pola profesora Carlota, creou un FICCIONARIO: definíu en lingua francesa un obxecto inventado e logo creou un cartel publicitario que o mostraba ao público. 

O resultado é toda esta serie de carteis que aparecen expostos no Parnasillo! Mirade que chulos!












18 maio 2022

A publicidade na materia de Francés

Como se intercalou o tema eixo deste ano na biblioteca, PUBLICIDADE E COMUNICACIÓN, na materia de Francés? 

A profesora Carlota contouno desta maneira:

1º ESO:

"Maison du monde, soyez fous, soyez vous!":

Esta actividade pensouse para introducir o vocabulario das cores. O alumnado tivo que buscar as cores que aparecían na publicidade e logo atopar a súa tradución en francés na pizarra ou co traductor nos ordenadores.


"Poisson d'avril":

O "Poisson d'avril", como o "Pesce d'aprile" ou o "April Fool's Day", pódese traducir como o día das bromas de abril ou o día dos inocentes de abril, e é un día, o 1 de abril, adicado ás bromas. Celébrase en Polonia, Francia, Finlandia, Austria, Australia, Alemania, Italia, Bélgica, Reino Unido, e por tradición británica tamén en Menorca, Galicia, etc. 

O traballo na aula, relacionado con esta celebración, consistíu en proxectar dúas publicidades, neste caso de Lego e Pringles, con productos inventados, ao xeito da imaxe que segue:




A partir destas publicidades, o alumnado creou novos obxectos de clase cunhas funcións diferentes.


2º ESO:

"Mixité des métiers","Mix´sPics":

Aproveitouse a publicidade de televisión para falar das profesións e da paridade no traballo.

"Comme une fille": 

No Día da muller e a partir do seguinte vídeo (https://youtu.be/Fu_FyaIGhyQ) fixeron unha comparativa sobre que é ser como un rapaz e que é ser como unha rapaza.

"Piso alquilado no centro de París":

A partir da seguinte ligazón (ikea.fr) o alumnado buscou, cun presuposto, amoblar o piso alquilado no centro de París (aloueravendre.fr).

"A moda, a roupa":

O alumnado escolleu a páxina que prefería (sempre acabada en .fr) e por parellas falaron dunha tendencia de moda deste verán. 

"O concepto de venda":

Traballouse con dúas publicidades de máquinas de lavar e o seu concepto de venda.

10 maio 2022

PHOTOCALL FEMINISTA "PONTE NO SEU LUGAR"

Como sempre hai que celebrar o Día da Muller, desde a materia de Técnicas e guiados poca profesora Blanca de Debuxo, o alumnado de 2º de Bacharelato creou este magnífico photocall feminista para que todos poidamos facer unha foto e mandar unha mensaxe ao mundo POÑÉNDONOS NO SEU LUGAR!!


"¡SOMOS FUERZA!"

"LA IGUALDAD NO ES UNA OPCIÓN, ES UN DERECHO"

"¿Y SI JUNTAMOS AZUL Y ROSA?"

"WE CAN DO IT, RAPAZADA!"








21 abril 2022

OUR CITY´S HIDDEN WOMEN

Como todos os días son días da muller, que mellor que expoñer estes carteis sobre mulleres da nosa vila, nos que se inclúe cadanseu código QR para acceder aos podcasts con información sobre elas gravados polo alumnado da Sección Bilingüe de Inglés, de 3º de ESO. 

A actividade foi organizada pola profesora Tatiana Lores, que estivo facendo estes meses as prácticas do Máster de Secundaria no noso centro.

O carteis están expostos no Parnasillo da Biblioxún para que co voso móvil poidades acceder ao material gravado sobre:


Josefina Arruti

Carmen Babiano e as irmáns Mendoza

Leonor González Prieto, Nené

Concepción Arenal

Elisa Patiño, Chichana

Ernestina Otero

Dolores Trabado



Noraboa rapaces! Noraboa, Tatiana!




AS CIDADES E A PUBLICIDADE

Alumnado do Bacharelato de Artes, guiado pola profesora Blanca, na materia de Volume, levou a cabo estas maquetas de cidades nas que debía aparecer tamén algún cartel publicitario. Deste modo, a actividade entra a formar parte do Proxecto Documental Integrado proposto pola biblioteca, que este ano ten que ver con Publicidade e comunicación.