Amosando publicacións coa etiqueta Contos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contos. Amosar todas as publicacións

30 outubro 2024

CONCURSO DE RELATO CURTO DE TERROR

Hoxe, na biblioteca, entregamos os premios do CONCURSO DE RELATO CURTO DE TERROR, que este ano leva a temática de "Un mundo de árbores". De árbores de medo, claro!!!!

Sabedes que levaron de premio?? UN VALE DE 30 EUROS para mercar o LIBRO QUE MÁIS LLES GUSTE na LIBRARÍA "EL PUEBLO"!!! Que vos parece?? Estupendo, verdade? 

Grazas a todos e a todas por participar!!





Os gañadores e gañadoras do CONCURSO DE RELATO CURTO DE TERROR son:

1º ESO:
Anxo Portela Ferreirós (1º B) 
    Relato en lingua galega titulado "A árbore andante". A incrible historia dun científico de Viveiro nunha orixinal combinación de distintos tipos de texto dentro dunha narración principal.







2º ESO:
Sara Allegue Freire (2º A)
    Relato en lingua galega titulado "Cinzas". Nun galego moi coidado e literario escríbese esta historia sobre cinzas e recordos familiares. 





3º ESO:
Elena Alonso Filgueiras (3º A)
    Relato en lingua castelá titulado "La sangre de las sombras". A historia desacougante dunha rapaza nun bosque aparentemente ideal. 







04 xaneiro 2021

CONTO DO MES DE XANEIRO. CLARICE LISPECTOR, "Felicidad clandestina"

 


Pulsa no enlace que aparece máis abaixo e le un dos seus contos! 

Por certo, en decembro de 2020 cumpríronse 100 anos do nacemento desta autora ucraniana-brasileña, que definía a súa escritura como un "non-estilo". Na biblioteca podedes atopar un libro de poemas moi bonito titulado De natura florín, editado pola editorial Nórdica, con magníficas ilustracións. 

https://lecturia.org/cuentos-y-relatos/clarice-lispector-felicidad-clandestina/5305/

12 novembro 2020

GAÑADORES DO CONCURSO "CONTOS DE MEDO"

Este ano o concurso de contos de medo tiña unhas premisas especiais: tíñase que partir dunha situación do máis normal, en principio tranquila e feliz, pero que de súpeto se transformaría nunha escena arrepiante, nunha escena de moito medo ou inquedanza.... E así o fixeron todos os que se presentaron ao concurso. 

O premio para cada un dos gañadores foi un vale de 25 euros para gastar en libros ou material escolar, unha bolsa da biblioteca e una libreta tamén da biblioteca. Non está mal, verdade? A ver se vos animades para a próxima. 


(Por certo, mañán a ver se completo esta entrada cos dous contos gañadores)


Chamamos ao gañador do 1º premio, que era IMANEL CHICA LEDESMA, de 2º C, pero.... 

non estaba na sala!!! 



Chamamos ao gañador do 2º Premio, PABLO ALBERTO LÓPEZ, de 1º C de Bacharelato.... 
El si que veu recoller o premio!!


Contounos un pouquiño de que trataba o seu conto.


07 novembro 2019

CONCURSO DE MICRORRELATOS: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este é o noso novo concurso da biblioteca!!!
PARTICIPAAA!!!



BASES DO CONCURSO!!!

1. Pode participar todo o alumnado do IES A Xunqueira I.

2. A temática terá que ver co DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, a ser posible enfocado cara a búsqueda dunha esperanza, dunha solución, dunha "porta violeta" (como di a canción) pola que entrar nun espazo de paz, acolledor e luminoso, afastado dos golpes, do berro, do maltrato, do escuro... 

3. O microrrelato non poderá superar as 50 palabras.

4. O microrrelato publicarase, preferiblemente, coma un COMENTARIO nesta mesma entrada do BLOG. En caso de non saber facelo, poderase entregar o texto ao profesorado correspondente, para que logo sexa entregado aos membros do equipo da biblioteca.

    Para facer o comentario no blog:
    1º) Introduce o teu comentario ao final (o conto e os teus datos -non os olvides-).
    2º) "Comentar como...": mellor como "Anónimo" ou coa túa conta de "gmail".
    3º) Premer no botón que demostre que non es un robot.
    4º) Premer "PUBLICAR" -non o olvides-. 

5. O alumnado participante deberá indicar, ao final do texto, o seu nome completo, curso e grupo.

6. O microrrelato poderá escribirse en galego, castelán, inglés ou francés. 

7. O equipo de biblioteca seleccionará o mellor de entre todos os relatos publicados, distribuidos en TRES CATEGORÍAS:

Categoría A: Alumnado de 1º e 2º de ESO.
Categoría B: Alumnado de 3º e 4º de ESO.
Categoría C: Alumnado de Bacharelato. 

8. O premio poderase declarar deserto.

9. A data límite de entrega será o mércores 20 de novembro

10. A persoa gañadora recibirá un AGASALLO SORPRESA que será entregado o LUNS 25 DE NOVEMBRO, no RECREO, na BIBLIOTECA

04 novembro 2019

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "TEÑO MEDO: CÓNTAME UN CONTO"

Hoxe estamos contentísimos!!!

Entregamos os premios do noso 1º concurso da biblioteca, esta vez de medo, esta vez con ocasión do Samaín...

A verdade é que tanto PABLO FERNÁNDEZ NOYA (1º ESO) coma LORENA SOBREIRA GARCÍA (2º ESO) puxéronse contentísimos cando souberon a noticia de que hoxe ían ser premiados por ter escrito sendos contos de medo!! E non só eles se alegraron, tamén os seus compañeiros e compañeiras os aplaudiron orgullosos...

Noraboa, rapaces!!












01 novembro 2019

30 outubro 2019

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN: "TEÑO MEDO: CÓNTAME UN CONTO"

Hoxe saíron anunciados nos corredores e na zona de avisos de premios da biblioteca... 

... dous nomes de alumnos: un de 1º de ESO e outro de 2º de ESO!!

Quen son??? 

OS GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN!!!


Bases do concurso de Samaín


Algúns títulos das obras
que participaron no concurso!!

Agradecementos aos gañadores





Agora ímonos de ponte, pero o LUNS 4 SERÁ A ENTREGA DE PREMIOS para estes dous alumnos tan aplicados!! 

Esperámosvos na biblioteca!!! Poderedes escoltar os últimos coletazos do Samaín na Biblioxun!!!


01 marzo 2019

CONTO DO MES DE MARZO. EMILIA PARDO BAZÁN: "El encaje roto".


MES DE MARZO

EMILIA PARDO BAZÁN

"EL ENCAJE ROTO"

PULSA NA IMAXE E LE O CONTO QUE RECOMENDA O PROFESOR RAMOS!

19 decembro 2018

CONTACONTOS EN GALEGO


Hoxe tivemos o CONTACONTOS na biblioteca!

Foi estupendo escoitar a rapaces e rapazas de 2º de Bacharelato, 2º e 3º da ESO interpretando, desde o noso atril da biblioteca, os contos máis coñecidos de autores da literatura galega. 

Fixádevos que obras!






E agora podedes ver as fotos desta magnífica actividade, a última deste trimestre, antes de Nadal:

Helena Casalderrey e Nerea Calvo (2º Bach. C) leron "Na oficina de obxectos perdidos", de Made in Galiza (Sechu Sende)


A biblioteca encheuse de alumnos de 1º de ESO!

Mirade canta xente!



Algún dos lectores e lectoras preparándose antes de saír.
Ao fondo, o profesor Reboredo.

Yago García (3º A) leu "O paracaídas", de Made in Galiza (Sechu Sende).


Nerea Rodríguez (2º ESO, B) leu "No escuro caletre de Martiño", de Cousas (Castelao).

Naiara Redondo (2º ESO, B) leu "Roque das goas", de Os outros feirantes (Álvaro Cunqueiro).

al
Verónica Piñeiro (2º ESO, B) leu "Eu fine ouigha co espirito de Castelao", de Made in Galiza (Sechu Sende).

Sandra Rozadas (2º D, Bach.) leu "Nin en soños vou perder a miña lingua", de Made in Galiza (Sechu Sende).

Marta Rodríguez (2º ESO, A) leu "O vello saramaguiño", de Cousas (Castelao).

Roque Álvarez (2º ESO, B) leu "O inglés", de Retrincos (Castelao). 

Antonella Tourón (3º B) leu "O país que falaba", de Made in Galiza (Sechu Sende).
Miguel Peñas (2º ESO, B) leu "O retrato", de Retrincos (Castelao)

Gabriel Barros (2º ESO, A) leu "Falar" de Made in Galiza (Sechu Sende)

Lucía Hucha (2º B, Bach.) leu "Os apaches de Avelino o matachín", de Capitol, última sesión (Miguel Anxo Fernández)

E logo do traballo ben feito... a celebralo!!!!

Helena Casalderrey, cortando as tartas larpeiras que trouxo o profesor Reboredo!!

Todos celebrando o ben que saíu a actividade de Contacontos!