O escritor Miguel Anxo Fernández ofreceu ao alumnado de 1º de Bacharelato de Artes unha charla na biblioteca sobre AS ORIXES DO CINEMA GALEGO, enlazando co tema eixo deste ano na biblioteca, "Miradas reveladoras: o audiovisual na biblioteca".
Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO para o curso 2026-27: "BIBLIOTECA LÍQUIDA: A AUGA COMO TEMA VERTEBRADOR DE ACTIVIDADES".
24 marzo 2026
CIENCIA E CINE!!
Organizado pola profesora Paula, do Departamento de Física e Química, tivo lugar unha charla sobre "CIENCIA E CINE", relacionada co tema eixo deste ano da Biblioteca, "Miradas reveladoras: o audiovisual na biblioteca". A charla estivo a cargo de David Ballesteros, da empresa Ceo Aberto (www.ceoaberto.com).
O alumnado que asistíu a estas actividades foi de 2º e de 3º de ESO.
Proximamente, teremos imaxes destas charlas.
10 febreiro 2026
CREATIVITY WEEK no corredor principal do centro
Organizada polo Departamento de Inglés (profesor Tomás -coordinador-) e o Departamento de Debuxo (profesoras Maite e Aránzazu -Proxecto Competencial-), a CREATIVITY WEEK tivo ocupado e entretido ao alumnado de 2º de ESO e 1º de Bacharelato, en distintos recreos.
Pretendeu ser unha mostra pública dos proxectos que cada grupo de alumnado completou na materia de Lingua estranxeira: Inglés. Os produtos finais foron de diversa natureza: dende pósteres ata performances, videoxogos deseñados con Scratch ou pequenas campañas publicitarias.
As presentacións de cada un dos proxectos tiveron unha duración de entre 2 e 3 minutos, e logo foron sometidas a unha votación para valorar o mellor elaborado e o mellor exposto entre o público asistente.
Próximamente, haberá unha entrega de premios os mellores grupos:
-1º PREMIO: 30 euros en material de papelería.
-ACCESIT Nº 1 : 20 euros en material de papelería.
-ACCESIT Nº 2: 10 euros en material de papelería.
Dado que este ano o tema eixo é "MIRADAS REVELADORAS: O AUDIOVISUAL NA BIBLIOTECA", este traballo formará parte do conxunto de actividades que se desenvolvan durante o ano en relación co mesmo.
![]() |
| Alumnado de ESO |
![]() |
| Alumnado de ESO |
![]() |
| Alumnado de ESO |
![]() |
| Alumnado de ESO |
![]() |
| Alumnado de ESO |
![]() |
| Alumnado de ESO |
![]() |
| Alumnado de ESO |
![]() |
| Alumnado de ESO |
![]() |
| Alumnado de ESO |
![]() |
| Alumnado de ESO |
![]() |
| Alumnado de ESO |
![]() |
| Alumnado de ESO |
![]() |
| Alumnado de Bacharelato |
![]() |
| Alumado de Bacharelato |
![]() |
| Alumado de Bacharelato |
![]() |
| Alumnado de Bacharelato |
![]() |
| Alumnado de Bacharelato |
08 xaneiro 2026
08 decembro 2025
BIBLIOSUXESTIÓN DE NADAL: OBRAS LITERARIAS + VERSIÓNS FÍLMICAS
26 novembro 2025
CIANOTIPIAS NO PARNASILLO
(ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA CREATIVA, PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO, INTERDISCIPLINARIEDADE)
De novo desde o Proxecto Competencial, o alumnado participa na temática proposta pola Biblioteca, "Miradas reveladoras: o audiovisual na biblioteca".
Nesta ocasión é a CIANOTIPIA e a FOTOGRAFÍA, de cuxos pasos nos informan nun cartel exposto no Parnasillo e nos dan conta do que se pode facer a partir desta técnica.
Fixádevos!!


%20(12).png)





























































