22 abril 2022

DÍA DO LIBRO 2022!

FELIZ DÍA DO LIBRO!!! 


  • Coma todos os anos, a Biblioxún celebra o Día do Libro, desta vez nun novo emplazamento da biblioteca, con novos profesores pero coa mesma ilusión e as ganas de seguir fomentando a lectura entre o noso alumnado. Con esta razón, un grupo de profes pasaron este recreo pola biblioteca e recomendáronvos cadanseu libro, fixádevos!!
  • Tamén están en Instagram fragmentos dos vídeos dos profesores:

https://www.instagram.com/p/Ccp0Y5NM6DJ/

https://www.instagram.com/p/Ccp1EoCMaMg/

https://www.instagram.com/p/Ccp2g3rMYwz/

Feynman, de Ottaviani y Myrick (cómic)
A miña familia e outros animais, de Gerald Durrell

Sopros de mudança, de Marta Pintos

Elefante, de Martin Super

Pasaportes, de Fernando Rodríguez Gómez e Sergio Suárez.
La grammaire est una chanson douce, de Erik Orsenna.

Azucre, de Bibiana Candia

Caperucita en Manhattan, de Carmen Martín Gaite

Traición, de Scott Westerfeld

Le pont des arts, de Catherine Meurisse (cómic)

País de cuatro, de Anush Lores Lemos

Milk and Honey, de Rupi Kaur (poesía en inglés)

El fin de la infancia, de Arthur C. Clarke.
Los propios dioses, de Isaac Asimov

El fantasma y la señora Muir, de R. A. Dick

Cuarentena, de Petros Márkaris

La sombra del viento, de Carlos Ruíz Zafón

  • Para rematar a homenaxe ao libro, o luns 25 a profesora de inglés, Bea, trouxo ao seu alumnado da ESO á biblioteca para ensinarnos as súas creacións, isto é: a presentación en inglés de personaxes literarios nos seus respectivos perfís en redes sociais. Foi orixinalísimo e pasamos boísimos momentos. 











  • Algunhas fotiños da biblioteca chea de suxestións lectoras!!! 











E nada máis, grazas a todos por participar e...

FELICES LECTURAS!!


21 abril 2022

OUR CITY´S HIDDEN WOMEN

Como todos os días son días da muller, que mellor que expoñer estes carteis sobre mulleres da nosa vila, nos que se inclúe cadanseu código QR para acceder aos podcasts con información sobre elas gravados polo alumnado da Sección Bilingüe de Inglés, de 3º de ESO. 

A actividade foi organizada pola profesora Tatiana Lores, que estivo facendo estes meses as prácticas do Máster de Secundaria no noso centro.

O carteis están expostos no Parnasillo da Biblioxún para que co voso móvil poidades acceder ao material gravado sobre:


Josefina Arruti

Carmen Babiano e as irmáns Mendoza

Leonor González Prieto, Nené

Concepción Arenal

Elisa Patiño, Chichana

Ernestina Otero

Dolores Trabado



Noraboa rapaces! Noraboa, Tatiana!




AS CIDADES E A PUBLICIDADE

Alumnado do Bacharelato de Artes, guiado pola profesora Blanca, na materia de Volume, levou a cabo estas maquetas de cidades nas que debía aparecer tamén algún cartel publicitario. Deste modo, a actividade entra a formar parte do Proxecto Documental Integrado proposto pola biblioteca, que este ano ten que ver con Publicidade e comunicación.