Amosando publicacións coa etiqueta Xogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos. Amosar todas as publicacións

18 decembro 2025

De cando en vez, na Biblioxún...

 

Alumnado de 4º de ESO xogando ao Trivial nunha hora libre...

Alumnado de 1º de ESO xogando ao Xadrez durante unha hora libre...


01 xuño 2024

TEMA EIXO DO CURSO 2023-24: XOGAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR!

Este é un  repasiño de imaxes chulas que durante o ano desenvolveron o noso tema eixo máis fundamental na biblio: OS XOGOS!!





















22 marzo 2024

XOGOS MATEMÁTICOS!

O venres 22, último día de clase antes das vacacións de Semana Santa, tivemos na biblioteca os XOGOS MATEMÁTICOS!! Foron organizados polo departamento de Matemáticas e del gozaron alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO. 





















18 maio 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS E OBRADOIRO DE POESÍA

Este ano 2023, como xa sabedes, o Día das Letras Galegas está adicado a...

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. 

Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de Janeiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010,  foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do Grupo Nós.

http://www.galix.org/2023/05/dia-das-letras-galegas-2023.html (Ligazóns de interese sobre o autor en Gálix)



A BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA DA BIBLIOXÚN
NESTE DÍA DAS LETRAS GALEGAS É A SEGUINTE:

Expositor central con obras en galego

Obras sobre a vida e a obra de Fernández del Riego

... entre as obras expostas, o último libro de poesía,
premiado, de Ismael Ramos, Lixeiro!

... ala no fondo vemos a opera prima de Xacobe Medina,
Lembranzas dun mestre subversivo!

Moitas novidades deste ano: a biografía de María Casares,
A ladroa da biblioteca de Meirás ou O moucho voa, sobre filosofía!

En Historias para coñecermos Pontevedra
hai moitas narracións sobre a nosa vila!

Novidades co selo de "LECTURA FÁCIL" en galego!

A mitoloxía nunca faltou na nosa Biblioxún, xa o sabedes!
Tamén en galego!

As matemáticas e a física son fundamentais!!


Castelao, imprescindible!

Manuel Rivas, imprescindible!




Obras de temática LGTBI e textos teatrais!

Poesía en galego!


Novela xuvenil!



  • Por outra banda, e organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, cuxo coordinador  tamén forma parte do Equipo de Biblioteca, organizouse un OBRADOIRO DE POESÍA EN GALEGO a cargo da profesora e escritora ORIANA MÉNDEZ, filla do insigne escritor José Luis Méndez Ferrín. O obradoiro estaba orientado ao alumnado de 4º de ESO e levouse a cabo, por suposto, entre libros, na biblioteca.