Na BIBLIOXÚN temos estes días a urna para a participación no deseño da cristaleira de POLOS CREATIVOS, con quen xa sabedes que compartimos espazo, O Parnasillo!!
Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2025-26: "MIRADAS REVELADORAS: O AUDIOVISUAL NA BIBLIOTECA"
11 marzo 2024
22 novembro 2023
DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Este ano a biblioteca do IES A Xunqueira I ten un lema para conmemorar este DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, que é
ROMPE O SILENCIO.
Con tal motivo unha serie de actividades buscan alzar a voz para incidir no feito de que a violencia non é a solución a ningún problema, de que a violencia non debe anteporse á comunicación ou ao respecto polo outro e, sobre todo, de que a violencia non pode ser o medio de atacar ás mulleres só polo feito de selo. As actividades das que falamos son as seguintes:
1) CHARLA DA POLICÍA NACIONAL sobre a VIOLENCIA MACHISTA a alumnado de 4º de ESO:
20 xuño 2023
XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO NOSO CENTRO: VISITA Á BIBLIOTECA
- O martes 30 de maio viñéronnos visitar os alumnos e as alumnas do CEIP A Xunqueira, centro adscrito que está aquí preto de nós. Por suposto, visitaron a biblioteca, que sempre lles gusta moito porque hai moitas cousiñas para as que mirar... Tamén fixeron algunhas fotos no croma de Polos Creativos!
Estamos felices de que aquí se sintan cómodos!
- O mércores 7 de xuño visitouos o CEIP de Campolameiro!! E como somos uns anfitrións boísimos, o alumnado de 1º de Bach. de Arte ofreceuse para facerlles un percorrido pola mostra de LAND ART no patio do noso centro. E o alumnado de 4º de ESO fixo con eles unha actividade con robots (2º CAMPIONATO DE ROBOTS EN MARTE) e material de POLOS CREATIVOS. Bravo por eles!!
- O luns 19 de xuño tamén veu o alumnado do CEIP de San Benito de Lérez e Parada de Campañó. Ademais de coñecer o centro, tamén participaron no concurso de robots e asistiron á presentación dos traballos do PROXECTO COMPETENCIAL!!

















































