20 xuño 2023

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO NOSO CENTRO: VISITA Á BIBLIOTECA

  • O martes 30 de maio viñéronnos visitar os alumnos e as alumnas do CEIP A Xunqueira, centro adscrito que está aquí preto de nós. Por suposto, visitaron a biblioteca, que sempre lles gusta moito porque hai moitas cousiñas para as que mirar... Tamén fixeron algunhas fotos no croma de Polos Creativos!

          Estamos felices de que aquí se sintan cómodos!





  • O mércores 7 de xuño visitouos o CEIP de Campolameiro!! E como somos uns anfitrións boísimos, o alumnado de 1º de Bach. de Arte ofreceuse para facerlles un percorrido pola mostra de LAND ART no patio do noso centro. E o alumnado de 4º de ESO fixo con eles unha actividade con robots (2º CAMPIONATO DE ROBOTS EN MARTE) e material de POLOS CREATIVOS. Bravo por eles!! 







  • O luns 19 de xuño tamén veu o alumnado do CEIP de San Benito de Lérez e Parada de Campañó. Ademais de coñecer o centro, tamén participaron no concurso de robots e asistiron á presentación dos traballos do PROXECTO COMPETENCIAL!!