Hoxe tivemos o CONTACONTOS na biblioteca!
Foi estupendo escoitar a rapaces e rapazas de 2º de Bacharelato, 2º e 3º da ESO interpretando, desde o noso atril da biblioteca, os contos máis coñecidos de
autores da literatura galega.
Fixádevos que obras!
E agora podedes ver as fotos desta magnífica actividade, a última deste trimestre, antes de Nadal:
 |
Helena Casalderrey e Nerea Calvo (2º Bach. C) leron "Na oficina de obxectos perdidos", de Made in Galiza (Sechu Sende) |
 |
A biblioteca encheuse de alumnos de 1º de ESO! |
 |
Mirade canta xente! |
 |
Algún dos lectores e lectoras preparándose antes de saír.
Ao fondo, o profesor Reboredo. |
 |
Yago García (3º A) leu "O paracaídas", de Made in Galiza (Sechu Sende). |
 |
Nerea Rodríguez (2º ESO, B) leu "No escuro caletre de Martiño", de Cousas (Castelao). |
 |
Naiara Redondo (2º ESO, B) leu "Roque das goas", de Os outros feirantes (Álvaro Cunqueiro). |
al |
Verónica Piñeiro (2º ESO, B) leu "Eu fine ouigha co espirito de Castelao", de Made in Galiza (Sechu Sende). |
 |
Sandra Rozadas (2º D, Bach.) leu "Nin en soños vou perder a miña lingua", de Made in Galiza (Sechu Sende). |
 |
Marta Rodríguez (2º ESO, A) leu "O vello saramaguiño", de Cousas (Castelao). |
 |
Roque Álvarez (2º ESO, B) leu "O inglés", de Retrincos (Castelao). |
 |
Antonella Tourón (3º B) leu "O país que falaba", de Made in Galiza (Sechu Sende). |
 |
Miguel Peñas (2º ESO, B) leu "O retrato", de Retrincos (Castelao) |
 |
Gabriel Barros (2º ESO, A) leu "Falar" de Made in Galiza (Sechu Sende) |
 |
Lucía Hucha (2º B, Bach.) leu "Os apaches de Avelino o matachín", de Capitol, última sesión (Miguel Anxo Fernández) |
E logo do traballo ben feito... a celebralo!!!!
 |
Helena Casalderrey, cortando as tartas larpeiras que trouxo o profesor Reboredo!! |
 |
Todos celebrando o ben que saíu a actividade de Contacontos! |