13 decembro 2018

CONFERENCIA NA BIBLIOTECA SOBRE EDUCACIÓN, CULTURA E MACHISMOS (Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos)


Este é Jesús Iglesias, nacido en Pontevedra no ano 1981 e licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 2003. Desenvolveu boa parte da súa carreira profesional como informador e comunicador na cidade do Lérez. Tras escribir as súas primeiras notas de prensa para a Axencia Galega de Noticias (AGN), en 2005 pasou a formar parte do persoal de Diario de Pontevedra, xornal local no que permaneceu durante case dez anos. Aínda que comezou sendo o responsable de áreas como Sanidade e Educación, foi asumindo aos poucos a cobertura informativa das seccións de Municipal e Política, ámbitos de especialización cun maior peso dentro da cabeceira e para os que, durante cinco anos, escribiu a maior parte das súas noticias, crónicas e entrevistas. Este período marcou tamén o desenvolvemento da súa faceta máis creativa, converténdose nun rostro habitual das contraportadas e a páxina web do xornal coa súa columna de opinión semanal ‘Diamantes en Bruto’. Á marxe da súa ampla experiencia como informador, que inclúe unha etapa como xornalista xudicial, Iglesias tamén traballou como asesor de comunicación do Colexio de Médicos de Pontevedra e o Consello Galego de Colexios Médicos.

Hoxe xoves impartíu na nosa biblioteca unha conferencia sobre diversas cuestións relativas á educación, á cultura, á igualdade de xénero... A ela asistiron varios grupos de ESO e Bacharelato e considero que todo o que se dixo alí, independentemente de que coincidira ou non coa nosa opinión, foi motivo de reflexión posterior tanto para o alumnado coma para o profesorado que alí estivemos...

Jesús Iglesias esta mañán.







En Pontevedra viva tedes varios artículos seus nos que se recollen moitas das ideas que nos expuxo hoxe:

"La mala educación":
https://pontevedraviva.com/opinion/4188/mala-educacion-jesus-iglesias-ocampo-atencion-cliente/

"Bibliofobia":
Este gustoume especialmente porque fala da importancia de saber falar e escribir ben, de ter ansia por coñecer, por ler, por encherse de cultura en tódolos ámbitos... Rexeita os que alardean da mala educación ou de cometer faltas de ortografía, sen saber que quen fala e escribe mal, pensa tamén mal. Non estigmaticemos a boa educación, por favor...
https://pontevedraviva.com/opinion/4317/bibliofobia-jesus-iglesias-ocampo-opinion/

"Machocracia":
https://pontevedraviva.com/opinion/4237/machocracia-jesus-iglesias-ocampo-opinion/

Grazas, Jesús Iglesias, de parte de tódolos alumnos e alumnas que asistiron hoxe a túa interesante conferencia!