Un novo espazo na biblioteca: A TERRAZA DA BIBLIOXÚN!!
Este verán pasouse toda a biblioteca desde o primeiro piso á planta baixa, onde está o Parnasillo, as aulas de Tecnoloxía, a Sala de Usos Múltiples e a Cafetería.
Con este cambio, engadimos un novo espazo máis: A TERRAZA DA BIBLIOXÚN.
Aquí podedes pasar o voso TEMPO DE LECER XOGANDO (xadrez, oca, parchís e outros xogos que iremos poñendo pouco a pouco), LENDO REVISTAS, PERIÓDICOS ou facendo as ACTIVIDADES EN GRUPO que precisedes nas mesas que se dispuxeron para o seu uso.
Iso si, non podedes comer, aínda que teñades moi preto a cafetería. O que si podedes facer é tomar o aire e gozar do maravilloso fento que tiña o instituto medio escondido, pero que está moi moi bonito, xa veredes!
Os mobles desta terraza había que montalos, pero un grupo de alumnos e alumnas de Bacharelato (Tecnoloxía) botáronnos unha man e agora temos un espazo superchulo.
Entremos!
 |
Que traballadores! |
 |
Que traballadora!! |
Mirade que bonita quedou a nosa TERRAZA!
E mirade como, pouquiño a pouco, vaise coñecendo e vaise usando a terraza:
Algúns alumnos e alumnas da ESO van mellorar o aspecto da parte de pedras e terra no que se asenta o fento!! Axúdalles a profesora Blanca, de Debuxo.
E agora entremos na biblioteca!
 |
Entrada ao Parnasillo |
 |
Seguimos a frecha... |
 |
Seguimos a frecha... |
 |
Entramos no Parnasillo propiamente dito... |
 |
Esta é a porta da nova BIBLIOXÚN! |
 |
Zona de empréstitos e devolucións
|
 |
Estantes de revistas |
 |
Estantes de Cómics e outras temáticas (Ide por ali!) |
 |
O nome de "Cómic" é un traballo feito por unha colaboradora da Biblioteca, Ainoa! |
 |
Zona de ordenadores |
 |
Espazo informal de lectura (Nestes momentos con limitacións polo Covid) |
 |
Estante central de Bibliosuxestións lectoras |
 |
Zona de mesas e cadeiras |
 |
Estantes de Narrativa, Teatro, Poesía e Ensaio |
 |
Fixádevos na cartelería destes estantes! Foron feitos por Ainoa, unha alumna do noso centro! |
 |
Estantes con moitas máis temáticas (Fixádevos!) |
 |
Na entrada aínda está o hidroxel e o papel, para que non descuidedes a limpeza e non olvidemos que estamos en pandemia! |
 |
Non pode faltar o noso buzón de suxestións! Recoméndanos libros, pelis, o que queiras!
|
 |
Nos corredores do primeiro piso temos información sobre a biblioteca: TEMA EIXO DESTE ANO, ACTIVIDADES TRIMESTRAIS.... |
 |
...mesmo dos nosos concursos literarios e artísticos durante o ano! |
 |
Na entrada da Biblioxún está a nosa pizarra magnética, onde está o horario e outra información importante. |
 |
E fixádevos nos novos carteis informativos, onde vos sinalamos que tipo de libros podedes atopar |
 |
Nos taboleiros do primeiro piso tamén podedes ir co móvil, e capturar o código QR para acceder á entrada do AUTOR/A DO MES! |
 |
Este ano tamén temos un estante especial para os libros co selo de LECTURA FÁCIL! |
 |
Temos exposto un Kamishibai, para que practiquedes a narración oral! |
 |
E no vos olvidedes das nosas MESIÑAS CUQUIS, que sempre están cheas de revistas de actualidade ou suxestións lectoras moi interesantes! |