25 novembro 2025

ACTIVIDADES DO 25 N: "NO IES A XUNQUEIRA I DÁMOSLLE AS COSTAS Á VIOLENCIA MACHISTA".

(ACTIVIDADE RELACIONADA COA BIBLIOTECA CREATIVA, A INTERDISPLINARIEDADE, A CONMEMORACIÓN DE DATAS SIGNIFICATIVAS)


Pode verse un video máis detallado das camisetas 
en Instagram: buscade @biblioxun !!

Alumnado de 2º de ESO, nas clases de Titoría, conmemorou esta data tan especial colaborando no mural que a Biblioteca e o Equipo de Igualdade preparou no corredor, que levaba por título "NA XUNQUEIRA I DÁMOSLLE AS COSTAS Á VIOLENCIA MACHISTA". 

A partir da ilustración dunha rapaza posta de costas e vestida con camiseta branca, a rapazada deseñou o debuxo desta prenda, lembrando este día, recordando ás mulleres que xa non están, animando á cidadanía a ser máis conscientes da existencia deste problema, reforzando actitudes positivas...