(ACTIVIDADE RELACIONADA COA BIBLIOTECA CREATIVA, A INTERDISCIPLINARIEDADE, O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO)
"Miradas empáticas" é un proxecto artístico realizado polo alumnado de 2º de ESO na materia de Proxecto Competencial. Relaciónase coa temática proposta este curso pola biblioteca, "Miradas reveladoras". Trátase o tema da violencia de xénero desde diversos puntos de vista, facendo fincapé na mirada da sociedade sobre as vítimas.
A partir do visionado de varios vídeos (de violencia psicolóxica, física, micromachismos, roles de xénero...) e posteriores debates en clase, o alumnado eleabora tres traballos:
-un retrato colectivo artístico en equipos, coa técnica do colaxe, sobre como inflúe a mirada da sociedade en dita problemática;
-un autorretrato individual artístico sobre a opinión persoal complementada cos debates establecidos na aula;
-unha instalación artística/photocall para conmemorar o 25 de novembro: máscaras intervidas para que alumnado e profesorado se fotografiaran poñéndose na pel das vítimas da violencia de xénero.
A instalación conformábase coa interacción do publico que, tras ser fotografiado coa cámara Polaroid, aportaba a súa imaxe instantánea á motaxe, deixaba a súa "pegada empática" ao pórse as máscaras e ao situarse enriba dunha silueta de muller tirada no chan.





















